mércores, 1 de abril de 2020

As Xemas I - Corte e tallas [OURIVARÍA]

A xemoloxía é a ciencia que estudia as pedras preciosas (xemas), a súa composición e propiedades, orixe e xacementos, os tratamentos de diversa natureza e os tipos de tallas que realzan a súa beleza.

Son xemas aquelas substancias naturais que presentan as cualidades de beleza, durabilidade e rareza.

Os ourives deben aprender e identificar estos materiais e as súas propiedades para poder manipular, traballar e engastar as xemas. 


Dende o punto de vista do ourive as propiedades que debemos ter mais en conta son:
  • Cor: a cor é un dos factores que aporta mais valor, excepto no diamante no que a ausencia de cor e a transparencia é o que o revaloriza. 
  • Talla: Debemos estudiar visualmente a pedra e a talla con unha lupa de 10x (aumentos), para comprobar se ten inclusións ou fisuras que se deban disimular co engaste e se a talla é simétrica e está ben pulida.
  • Dureza: é importante coñecer a dureza do material para evitar fisuras no proceso de engaste, as pedras brandas ou delicadas deben engastarse protexidas. Unha xema que non conserve o seu pulido e brillo devalúa o seu valor. 

  • Lustre ou brillo: Refirese a luminosidade do brillo que reflicte a pedra. A talla axuda a que a luz que entra na pedra saia reflectida pola parte superior, e a xema luza con todo o seu esplendor. 
  • Pureza: As inclusións son todo tipos de irregularidades, material, heteroxeneidad óptica ou defecto que se presenta no interior das xemas, estas nos permiten recoñecer e distinguir as pedras naturais das sintéticas ou imitacións. En algunhas pedras ter as súas inclusións propias son un valor como ocorre no cuarzo rutilado ou na ágata musgosa, en outras como na amatista ou no diamante resta valor. 
  • Efectos ópticos especiais: son fenómenos producidos por inclusións ou carcterísticas estructurais que aportan beleza en determinadas pedras (efecto ollo de gato, asterismos, opalescencia, etc).
Cuarzo rutilado

Ágata musgosa

CORTE E TALLA

A labor de tallar, dar forma e brillo as pedras preciosas correspóndelle aos lapidarios, este é un campo complexo de estudio, e un arte en si mesmo. 

O valor e a beleza dunha pedra depende da habilidade e imaginación do cortador trás un estudio previo, a finalidade da talla é resaltar ao máximo a transparencia, cor, brillo, lustre, dispersión, etc de unha pedra. 

Moitos de vós sentides curiosidade por como se tallan as pedras, cousa que non facemos os ourives, o noso traballo céntrase en engastalas e facer que luzan o mellor posible nas pezas. Sen embargo si hai materiais xemolóxicos como o acibeche ou o ámbar, que si tallamos por ser mais brandos. 

No corte e talla de pedras duras podemos falar de 5 procesos básicos:

  • Estudio do material xemolóxico: observación e estudio do mineral para o seu corte e aproveitamento.
  • Corte do mineral: Primeiro márcase e despois cortase con un disco de diamante e auga, tamén pode ser por exfoliación. 
  • Desbastado: Nesta fase hai unha gran perdida de material, o obxetivo é deixar a pedra con a forma próxima as proporcións desexadas. Empreganse distintos discos de diferentes durezas de grao, de mais basto a mais fino. 
  • Facetado: Consiste en tallar as facetas definitivas.  
  • Pulido: O pulido consiste en dar brillo a esas facetas deixándoas totalmente lisas e brillantes.Estas dúas últimas operacións efectúanse nunha máquina cun prato horizontal, impregnado en aceite e abrasivo de po de diamante. 
Para que vexades o traballo dos lapidarios déixovos aquí un video sobre a labor de ese oficio. 



                                                   DUREZA DOS MINERAIS

A dureza dun mineral determínase pola escala de Mohs, faise por comparativa con minerais de dureza coñecida, a maior número maior dureza, isto quere dicir o de dureza 8 raiará aos anteriores e non lle fará nada aos superiores.

    Aquí déixovos un video moi ilustrativo



    TIPOS DE TALLAS

    Como xa expuxen a finalidade das tallas é resaltar ao máximo as súas propiedades. A evolución do arte de tallar as pedras foi paulatina xa comezando na Edad Antigua, unida aos descubrimentos dos distintos minerais e da tecnoloxía empregada. 

    Podemos dividir as tallas en dous grupos: 
    • Tallas "Cabujón": teñen superficies curvas, empregadas normalmente para pedras opacas, translúcidas ou para resaltar efectos ópticos especiais (ojo de gato, asterismo, etc).
               "Cabujón" sencillo: Unha cara convexa e a outra plana.
               "Cabujón" doble: Ambas caras curvadas, convexas.
               "Cabujón" oco: Unha cara cóncava e a outra convexa.



    Estes poden adquirir distintas forma, redondo, oval, cadradro, cojín, rectangular, etc. 


    • Tallas facetadas: teñen facetas planas na maioría dos casos, normalmente para pedras transparentes de cor ou incoloras. Imos comezar por a talla por excelencia a Talla Brillante. 

    Talla Brillante
    É a talla mais empregada é clásica para o diamante pero tamén se emprega en outras pedras, sen embargo só está permitido empregar o témino "brillante" (comprei un anel con un brillante) cando esa pedra sexa un diamante talla brillante. 

    Esta talla foi deseñada matemáticamente por Marcel Tolkowsky en 1919, coa intención de que toda a luz que entra pola tabla da pedra sexa reflectida nas paredes interiores saíndo pola tabla de volta.



    A talla brillante consta de 57 facetas o 58 si ten o culet, as súas 3 partes fundamentais son:

    Coroa: É a parte superior da piedra a súa faceta mallor é a tabla ou mesa, ao redor dela as 8 facetas estrela, a seguir as 8 facetas fundamentais da corona, e a seguir tocando xa co filetín as 16 facetas medias superiores.

    Filetín: non se considera unha faceta e pode estar pulido ou non, é o contorno da pedra unindo a coroa co pabellón.

    Culata ou Pabellón: É a parte inferior da pedra, está organizada en 16 facetas medias inferiores rodeando o filetín, a seguir 8 facetas fundamentais da culata e a última faceta é o culet ou culatín (esta faceta é opcional).


    Existen tallas derivadas da talla brillante como a oval, marquís, pera e corazón.:



    Tallas en galería ou escaleira: Son tallas nas que as facetas teñen forma de trapecios alongados e paralelos ao filetín con aristas vivas, tanto na coroa como na culata. 
    A mais coñecida é a talla esmeralda e a mais empregada nesa pedra pola súa delicadeza, outras tallas son a baguette, carré ou cuadrada, trapecio, octógono, rombo, pentágono, etc.


                              Carré                        Baguette                Octógono                          


    Tallas mixtas: son aquelas nas que a coroa está facetada tipo talla brillante e a culata talla en galería.


    Tallas en tesoiras ou cruzadas: As facetas que rodean á tabla teñen forma de triángulos cruzados, empréganse normalmente para pedras con cor. 



    Outras tallas que podemos atopar son a Talla Asscher con a coroa en galería, a Talla Cojín ou Cushion variante da brillante, a Talla Trillion con forma de triángulo abombado e a Talla Princesa con forma cuadrada e con facetas cruzadas.




    Talla Barion e Radiantson dúas tallas que se empregan cós diamantes, teñen forma octogonal, a Barion ten facetas en galería na coroa e a Radiant ten facetas cruzadas.


    Talla Barion


    Outra talla facetada e a Talla briolette, facetada en todo o seu contorno, e empregada en colgantes e pendentes.






    Espero que vos sirva de axuda esta aproximación as pedras preciosas e as súas tallas.

    Esta proposta é para tódolos grupos así que agora para reforzar o aquí visto

    completando

    ESTE EXERCICIO


    Espero que vos axude e inspire ;D


    4 comentarios:

    ¡Anímate a participar cos teus comentarios!