As cadeas son un complemento decorativo nas nosas xoias,
pero tamén son un elemento de articulación.
Normalmente empregamos cadeas manufacturadas porque reduce costes,
existe unha ampla variedade de modelos e os grosores son moito máis finos que os dunha cadea feita á man.
Nesta serie de artigos analizaremos distintos modelos de cadeas e aprenderemos como se fan
os modelos tradicionais.
Empezaremos pola cadea exipcia ou cola de raposo,
que foi unha das primeiras cadeas que se empregaron,
recibe este nome porque a súa invención produciuse no Antigo Exipto.
Escaravello corazón da Raiña Hatnefer |
neste colgante observamos o emprego da cadea cola de raposo dende un punto funcional,
pois sostén o colgante á altura desexada, sen restarlle protagonismo, e daí o seu sentido decorativo.
pois sostén o colgante á altura desexada, sen restarlle protagonismo, e daí o seu sentido decorativo.
A seguir podemos ver outra peza exipcia, é o colar Shebyu de Psusennes I,
Dinastía XXI 1039-931 a. C.,
Dinastía XXI 1039-931 a. C.,
nel observamos que as cadeas colgan articuladas dende a placa central e están decoradas con outras pezas de ouro en forma de flor de loto. Neste caso a súa función é ser un elemento decorativo que achega movemento.
Colar Shebyu de Psusennes I |
Tecnicamente a cadea cola de raposo é unha especie de tecido que se crea entrelazando argolas
que se entrelazan unhas coas outras.
Cadea cola de raposa |
CADEA BÁSICA
Está composta por argolas soldadas que primeiro se ovalan, a seguir se curvan en forma de U, e despois se van entrelazando unha dentro de outra e sempre na anterior.
Cadea cola de raposo básica feita entrelazando aro con aro |
Este sería o procedemento:
E este o resultado
CADEA BÁSICA DOBRE DUNHA DIRECCIÓN
ou tamén chamada cadea en espiga.
ou tamén chamada cadea en espiga.
Esta comézase como no anterior procedemento e cando temos as dúas primeiras argolas
entrelazamos a terceira na primeira, desta forma a cadea queda máis compacta.
No debuxo a seguir temos dúas argolas de base soldadas a un fuste (estas non contan),
despois as dúas primeiras argolas, e vaise introducir a terceira argola da cadea a través dos aros da primeira.

Podedes observar o procedemento práctico
no seguinte vídeo
CADEA DOBRE DE DÚAS DIRECCIÓNS
Este modelo comézase de forma distinta, despois de ter ovaladas as argolas,
sóldanse dúas en cruz, despois dáselle forma de U e vanse enlazando unha a unha coa anterior segundo a dirección.
sóldanse dúas en cruz, despois dáselle forma de U e vanse enlazando unha a unha coa anterior segundo a dirección.
O exemplo son os dous primeiros debuxos a seguir.
Aquí tedes o vídeo onde podedes ver o proceso
Na seguinte imaxe é o mesmo proceso pero en vez de enlazar na última,
enlázase na segunda anterior como na espiga,
o resultado é máis compacto, pero sen afectar á flexibilidade.
CADEA TRIPLE DE TRES DIRECCIÓNS
Neste caso en vez de soldar dúas argolas en cruz, soldaríamos tres en forma de estrela,
e seguiríamos o procedemento como nas anteriores
Neste caso en vez de soldar dúas argolas en cruz, soldaríamos tres en forma de estrela,
e seguiríamos o procedemento como nas anteriores
Estas dúas imaxes pertencen ao libro "La joyería" de Carles Codina, do que podedes atopar dous exemplares na nosa biblioteca. |
Pódense facer moitas variantes máis,
modificando a lonxitude e grosor das argolas ou cambiando o modo de enlazar,
sorprenderavos a flexibilidade e resistencia desta cadea.
modificando a lonxitude e grosor das argolas ou cambiando o modo de enlazar,
sorprenderavos a flexibilidade e resistencia desta cadea.
A flexibilidade adquírea unha vez terminada ao pasala pola fileira de metal ou madeira,
neste proceso tamén podemos variar a súa forma dependendo
se empregamos unha fileira redonda ou cadrada.
se empregamos unha fileira redonda ou cadrada.
Existen múltiples opcións todo depende de vós.
Neste vídeo podedes ver outras variantes
Espero que vos guste e vos inspire !! ;D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!