O noso fondo moderno especializado en arte e oficios artísticos e tradicionais creouse no ano 2009, desde entón non deixou de crecer, todos os anos incorpóranse novos títulos. Hoxe continuamos informando dos libros recentemente adquiridos para a nosa biblioteca.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas destas novas adquisicións:
Bocetaje: las bases / Koos Eissen & Roselien Steur.-- Amsterdam : Bispublishers, cop. 2013
As Bases explica como aprender a debuxar claro e de modo completo,
utilizando ilustracións paso a paso, exemplos e estratexias. O lector
aprenderá a utilizar e dominar as diferentes técnicas e a como aplicar
bosquexos durante o proceso de deseño. É un libro perfecto para aqueles
que empezaron a bocetar nos primeiros anos de arte e deseño. Para aqueles que desexan revisar as bases de como bocetar correctamente, dunha maneira fácil e eficiente.
Dibujo de la figura humana : gestos, postura y movimientos / Daniela Brambilla.-- Barcelona : Promopress, 2015
Este libro non reúne indicacións sobre como se debe debuxar, pero si suxestións para empezar a debuxar, en particular, o corpo humano. Os
exercicios propostos ensinan a observar e dividir en partes un proceso
que coa práctica convértese en algo totalmente instintivo.
As regras serven para evitar o medo e facelo todo con naturalidade.
Para facilitar a aprendizaxe e a asociación entre os diversos temas ao
final do libro a autora ofrece un esquema que resume os temas e
combínaos con sesións de estudo. Este título está dirixido a todos
aqueles que queren iniciar un camiño de coñecemento; aos que xa debuxan e
queren descubrir outros puntos de vista, e aos que ensinan debuxo e
desexan atopar unha integración de métodos e novas asociacións
orientadas ao desenvolvemento da procura creativa.
Tramas : la geometría secreta de los pintores / Charles Bouleau ; prefacio de Jacques Villon.-- Madrid : Akal, D.L. 2006
A obra pretende constituír un completo inventario e unha historia
exhaustiva dos métodos pictóricos de composición, realizados a partir da
análise concreta da xeometría subxacente á obra dos pintores, á luz das
fontes escritas.
Encuadernación creativa : 15 proyectos maravillosos para encuadernar libros / Rachel Hazell.-- Barcelona : Blume, cop. 2019
Unha selección accesible de proxectos de encadernación creativos con
diferentes técnicas de corte e encartado, ademais de diferentes tipos de
costuras. Unha mostra de estruturas básicas para probar con diferentes escalas e
materiais. Tanto para persoas xa iniciadas na encadernación como para
principiantes, os coñecementos e paixón da autora por este oficio serán
unha inspiración para explorar as múltiples posibilidades do libro
artístico.
A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000) / José Mª de Juan-García Aguado.-- Cangas do Morrazo : Morgante, D.L. 2011
A obra A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000) explica de xeito
detallado o proceso para construír unha embarcación de madeira de xeito
practicamente artesanal, segundo o legado dos nosos antepasados. Este
manual amplía o material que xa existe sobre a carpintería de ribeira, e
ten o valor engadido de vir acompañado de fotografías, ilustracións e
gráficos. Así mesmo, achega información sobre os mestres construtores en
Galicia, con fotografías destes e dos seus barcos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!