Junko Mori
é unha artista xaponesa afincada no Norte de Gales,
non é estritamente unha ourive,
é unha escultora do metal.
Junko Mori. Pinecone, 2015. Aceiro doce forxado. |
A súa formación foi en metalizaría e moitas das súas obras son en aceiro,
pero tamén realiza pezas en prata, aplicando as mesmas técnicas.
O seu traballo é incríbel e laborioso,
crea os obxectos a base da acumulación de elementos similares
que flúen con movemento, ritmo e equilibrio.
Inspírase na natureza, na paisaxe, nos elementos microscópicos, etc.,
construíndo pezas moi orgánicas.
A súa técnica consiste en crear un elemento básico normalmente aplicando as técnicas de forxa,
que despois repite e repite con lixeiras variacións.
Unha vez construídas as unidades básicas vai soldando unhas coas outras.
É un proceso construtivo directo, pois ás veces traballa sen bosquexo previo,
sen guía de como debe ser a peza,
é o propio proceso quen crea o obxecto.
Para soldar todos estes elementos emprega unha soldadura TIG, coa que se xenera unha alta temperatura concentrada no punto de unión, así evita ter que dar calor a toda a peza como ocorrería se o fixésemos con un soprete atmosférico.
A unión dos distintos elementos prodúcese por fusión.
A súa particularidade é a acumulación de elementos repetidos, como podedes ver en toda a súa obra,
que poden recordarnos a formas mariñas, a escamas, a plumas de paxaros ou a formas vexetais,
exquisitamente tratados e combinados.
A seguir déixovos dúas entrevistas,
onde explica moi ben o seu traballo.
Na súa web podedes atopar máis información de
As obras e a maneira de traballar desta artista
danme pé a realizar unha proposta de exercicio para tódolos grupos,
que explico no seguinte post,
será o Exercicio: O ritmo e a acumulación .
Espero que vos guste e vos inspire ;D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!