martes, 19 de maio de 2020

Escultores hiperrealistas (parte 4): Willy Verginer [TALLA E ESCULTURA]


Willy Verginier




Se hai algo que eu destacaría na obra de Willy Verginer é a súa capacidade lírica para trasladarnos a un mundo no que unha realidade áspera é envolvida en beleza serena.
Artista comprometido co medio ambiente, na súa serie  Human  Nature critica coas súas esculturas a tamaño natural o impacto industrial nos seres vivos, relacionando bidóns de petróleo, animais salvaxes e bosques talados.





O brillo gris da pintura dos bidóns esténdese a outro elemento escultórico como animais, nun acto de agresión que representa a contaminación e a degradación da humanidade. Facendo que nos expoñamos ao impacto das nosas accións.





Willy Verginer é un escultor italiano nado en Bressanone en 1957. Estudou no Instituto de Arte de Ortisei, graduándose en pintura, a que abandonaría pouco despois para formarse en escultura en varios talleres en Val Gardena. Foi profesor na Escola Profesional de Escultura de Selva. Nos 90 forma parte do grupo Trisma formado por Walter Moroder e Bruno Walpoth. Comeza o seu camiño na escultura dende unha linguaxe abstracta que cambia radicalmente a partir de 2005 cara á figuración desenvolvendo unha linguaxe plástica propia a través da escultura en madeira e a utilización da cor acrílica como mancha plana. As súas esculturas están compostas por varios bloques de madeira de tleiro que seca naturalmente durante seis anos para evitar gretas. Inicia o seu traballo de aproximación á forma con motoserra e machada para despois concluír con gubias, limas e pequenas ferramentas manuais.







  
A súa obra camiña entre a figuración e a expresión conceptual. As súas esculturas son imaxes en acción; personaxes e animais recrean situacións que poden parecer surrealistas dende unha primeira mirada, pero ao pararnos e facer unha lectura pausada entendemos unha mensaxe critica a unha realidade ambiental. Esculturas hiperrealistas nas que as figuras están carentes de expresión, belas e elegantes ás veces adornadas con  brocados superfluos que se adhiren como envoltorios á pel de madeira dos seus personaxes facéndonos reflexionar sobre o efémera e fráxil que é a beleza.





«Atopo a fonte para as miñas creacións na miña mesmo: hai en min unha necesidade fundamental de crear e contar, que me impulsa a sacar á luz novas creacións. Por suposto que non vivo na lúa, tamén me inspiran os libros, películas e artistas como  Erwin Wurm, Antony  Gormley, Willy  Dorner, Werner  Reiterer.» 




Sempre traballo con modelos, principalmente estudantes de arte. Na nosa vila hai unha academia de arte cunha historia de máis de 100 anos. Cando comezo, traballo con fotos, para evitar que o meu modelo perda o tempo. Pero se segue adiante, entón necesito ter o meu modelo varias veces.»


Serie Naturaleza humana / Human Nature Series
"Fiorianni i nevai / Flores sobre los campos nevados /
Flowers Upon the Snowfields" (obra y detalle / work and detail)
Madera de tilo, acrílico / lindenwood, acrylic, 164 cm. © Willy Verginer
Enlaces web:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!