Jaume plensa
(Parte1)
Hoxe vou dedicar a entrada a este gran artista polo que sinto especial debilidade, Jaume Plensa, escultor, artista gráfico, debuxante pero sobre todo un pensador. As súas obras están repartidas por todo o mundo, como di, vive voando, de proxecto en proxecto, a Jaume encántalle voar, gústalle o silencio e esa intimidade que che dá estar tan lonxe da terra, permítelle pensar. Neste primeiro vídeo que vos deixo Jaume é entrevistado para RTVE en pleno confinamento. Paréceme un formato interesante, escoitar a opinion de distintos artistas que neste momento tamén pararon ou mudaron a súa normalidade. Nesta entrevista fálanos do seu día a día, do que sente neste momento e dos seus proxectos parados. Pero sobre todo fala de algo moi importante tanto na vida coma na obra de Plensa, o silencio, a escoita do silencio, e de como aproveitalo para tornar ao noso interior e escoitarnos, reflexionar e pensar para poder volver dunha maneira renovada. Pareceume interesante compartilo convosco, porque esta experiencia se ten algo especial é que a compartimos todos e todas, cada un dende a súa realidade, pero non cabe dúbida que esta é unha experiencia que crea comunidade, de moi diferentes maneiras, porque confinados quedámonos todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!