luns, 11 de maio de 2020

Cociñando tintas II [SERIGRAFÍA]

No anterior post vimos como facer tintas para a elaboración dos exercicios propostos adaptados ao que teñamos pola casa. Ao fío diso, unha alumna recordoume o traballo que fixeramos para a exposición Novos Produtos, serigrafía de chocolate sobre oblea. A proposta chamábase Ars Serigraphica e constaba dunha serie de serigrafías a modo de traballo anatómico ficticio do brazo dun serígrafo.

O obxectivo desta proposta era que o alumnado traballase os contidos sobre viscosidade adecuada da tinta en relación coa correcta numeración de fío da pantalla co problema engadido da craquelación do fráxil soporte (oblea).


Podedes ver todo o proceso de como se fixo premendo aquí.







2 comentarios:

  1. O día que se inauguraba esa exposición, Novos Produtos, no espazo Emao, foi o día que coñecín a Ramón. So tratei con el ese día e aínda así recordo nosa conversa perfectamente. Hai persoas especiais difíciles de esquecer. Onte marchou, descanse en paz, unha aperta a familiares e amigos.
    Deixo o post que lle adicou Pepe: https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/05/ata-sempre-ramon.html

    ResponderEliminar
  2. As serigrafías de chocolate sobre oblea, seguen deixando pampos a todos os que visitan a hemeroteca e contemplan este impresionante e orixinal traballo. Parabéns a Alba e aos seus alumnos por esas "Serigrafías comestibles"

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!