martes, 12 de maio de 2020

Proposta da semana I [DEBUXO]

Estamos na fase I do desconfinamento, pero aínda falta moito para voltar á nosa normalidade. Imos seguir lidando estes días coa desafección utilizando o debuxo como mecanismo e como ferramenta.
Esta semana a proposta será a seguinte:

BÁSICO E INICIACIÓN

OBXECTO. Todos os anos o alumnado dos grupos Básico e Iniciación debuxan un obxecto nas diversas técnicas vistas ao longo do ano. Este curso tan  peculiar, por chamalo dalgún xeito, quedaron moitas técnicas sen ver pero outras penso que quedaron ben claras. Agora imos seguir practicando e mellorando as técnicas que xa coñecemos.
Colleremos un obxecto, o que queirades, eu sempre recomendo obxectos que non teñan moito deseño, é dicir que sexan máis orgánicos, pero veredes nos exemplos que vos poño obxectos tanto orgánicos como de deseño.

LAPIS MANCHA

Utilizaremos todos os lapis HB, 2B, 4B, 6B.

FASES
  1. Debuxo o obxeto escollido en lápis HB. Utilizarei o mesmo método que ata agora.
  2. Comezo a manchar utilizando o lapis máis duro para os grises máis claros, facendo círculos e coa mina roma, de xeito que a superficie se cubra  uniformemente.
  3. Para conseguir grises medios e escuros utilizarei por capas os lapis brandos, 2B, 4B, 6B. Fixádevos ben nos pequenos detalles que rematarei coa punta do lapis
Deixo algúns exemplos doutros anos, tanto para que vexades os obxectos elixidos como os acabados. Espero que vos sirvan.

Lapis

Lapis

Na mesma folla realizou un estudo en varias técnicas.
As  de lapis son as superiores

Lapis

Podedes coller un detalle do obxecto.
Este está realizado en carbón peroque servirá como idea.

Este debuxo está realizado en tinta e bolígrafo pero que servirá como idea

Debuxo realizado en carbón pero que servirá como idea

Debuxo realizado en bolígrafo pero vos servirá como idea

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!