Xa que os resultados dos souvenirs que fixestes durante a semana pasada, para esta semana imos descansar un pouco as máns...
Imos traballar soamente cos dedos e cos ollos.
Gustaríanos coñecer a vosa inspiración e os vosos gustos, no que se refire ó traballo do Coiro, é dicir, gustaríanos que nos falasedes do artesán que máis vos gusta e nos digades por que.
Os alumn@s de Iniciación e Básico tédesnos que explicar por que vos gusta e que tipo de traballos fai.
Os alumnos de Superior e Avanzado tedes que falarnos ademais de que tipo de técnicas emprega, que materiais, e se pertence a algún tipo de movemento.
As vosas propostas podedes envialas a artesaniadocoiro@gmail.com ata o domingo.
Boa semana e xa queda menos para que nos vexamos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!