martes, 26 de maio de 2020

Tramando tramas [SERIGRAFÍA]

As tramas, esa combinación de puntos, liñas, trazos ou texturas que en serigrafía son esenciais para acadar degradados, matices e sombras. O tramado manual dota de calidez e personalidade ás imaxes. Esta semana traballaremos nos nosos cadernos exercicios de reforzo sobre o que xa fixemos na clase sobre tramas. Esta vez, como xa coñecedes o proceso serigráfico, seguro que aplicades o tramado manual de forma máis consciente e adaptado ás vosas necesidades. Aquí podedes ver algunhas imaxes de momentos nas clases en cursos anteriores traballando o debuxo de tramas.








Este exercicio coincide cunha proposta parecida á da especialidade de debuxo desta semana que podedes consultar premendo aquí.
Para calquera dúbida, consulta, proposta... xa sabedes: serigrafiaemao@gmail.com. Ánimo, saúde e moita tinta! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!