xoves, 14 de maio de 2020

O que vexo desde a fiestra III [DEBUXO]

Hoxe imos ver novos debuxos do confinamento "O que vexo desde a fiestra". "O que vexo desde a fiestra II"

Chéganme a contapingas pero cando recibo estes debuxos do exalumnado, a verdade que é unha alegría. Por agora todos os debuxos que veredes son de alumnado e exalumnado que non pertencen ao grupo Medio... eses téoos en repouso para que se vexan todos xuntos.

Hoxe que vai un día gris déixovos tamén unha canción luminosa que soa moitas veces na nosa aula de Debuxo. Un clásico dos Kinks que rescatamos e que ten unha estrofa que vén ao pelo:

Cada día vexo o mundo desde a miña fiestra
pero que fresca, que fresca é a noite
a posta de Sol sobre Waterloo está ben

A posta de Sol sobre Waterloo está ben

Agardo que a posta de Sol que vedes desde a vosa fiestra sexa perfecta. Sigo animando a que participedes cos vosos debuxos e agradezo moito aos que xa o fixestes... de verdade.





Susana, exalumna de Debuxo e de Encadernación deleitanos con bocados de delicadeza


Bety deixa dúas vistas desde as fiestras da súa casa
Aurora Etano tráenos unha vista dun patio moi urbana

Olga ten unha vista máis rural... preciosa
Eduardo tamén pode gozar do verde dun gran xardín... que sorte!
Pilar nunha posición moito máis elevada goza de grandes vistas
Jose, como cronista gráfico, retrata unha escena moi habitual estes días
Antonio desde unha posición tamén elevada observa as rúas baleiras... unha mágoa
Belén toma unha vista interior e exterior... non se decide se quedar ou saír
Aurora goza dun xardín cargado de arte... así calquera se confina!
A GOZAR DA CANCIÓN


2 comentarios:

  1. Me parecen muy estimulantes, ... diría que algunos incluso poéticos (desde mi punto de vista). Mis más sinceras felicitaciones a sus autores/ autoras.

    ResponderEliminar
  2. Precioso todos los dibujos muy bien trabajados .

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!