Neste vídeo da Biblioteca Nacional podedes ver un rápido percorrido polas diferentes técnicas de gravado en sete minutos. Estamos a traballar as de relevo e planográficas, polo que a maiores sería interesante que lle botásedes un ollo ás calcográficas.
O seguinte vídeo é sobre gravado calcográfico e está comentado por Jose Manuel Mantilla, xefe de conservación de debuxos e estampas do Museo Nacional do Prado.
O Museo do gravado de Ribeira está a facer unha serie de vídeos de visitas virtuais ás súas salas. Se premes aquí podes ver o vídeo que fixeron sobre os gravados de Van Dyck.
Ánimo e saúde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!