Moitos pensaredes que se me caiu un parafuso, pero nada máis lonxe da realidade. Os que sabedes algo do noso mundiño "zanfonil" coñecedes a importancia que ten este produto no noso instrumento. Mais aló de formar parte dos trapos cos que vernizamos o instrumento, o algodón, xunto co bo facer na súa colocación, pode ser determinante na consecución dun bo son e dunha boa afinación.
O algodón é unha fibra téxtil vexetal que medra ao redor das sementes da planta do algodón, un arbusto do xénero Gossypium, pertencente á familia das malváceas.
Orixinario das rexións tropicais e subtropicais, existen diferentes especies autóctonas en América, África ou India.
Trátase da fibra natural máis importante que se produce no mundo. A súa importancia empezou no século XIX, co proceso de industrialización, e na actualidade representa case a metade do consumo mundial de fibras téxtiles.
As fibras obtéñense da semente dunhas poucas especies, e a súa lonxitude e grosor dependen da súa procedencia.
Na península Ibérica, a comunidade andaluza é unha das maiores productoras da UE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!