mércores, 13 de maio de 2020

A artesanía está de moda [TALLA E ESCULTURA]

Celeste é a artesá detrás dos bolsos portugueses  da firma Heimat AtlánticaFOTO: FELIPE

A idea de obxecto de luxo está a mudar; antes relacionábase o luxo con produtos de marcas caras e exclusivas. Hoxe o novo luxo móvese entre a exclusividade e a sustentabilidade, todo o contrario do que venden as marcas baixo custo nas que os seus produtos caducan antes de acabar a tempada ou se conseguen sacar coleccións semanais, nada máis lonxe da mensaxe que debe transmitir un  produto sostible.

Ante isto xorde unha nova artesanía con forza, na que se valora o produto de calidade, o proceso manual e a revisión do obxecto tradicional como valores engadidos ao produto.
Moitas marcas xa están a apostar por iso.  Loewe da que falabamos nun anterior post, busca artesáns provedores en feiras artesanais para dar á súa marca un produto cun valor engadido. O produto artesanal, como dicimos, ten un valor engadido, a autenticidade do obxecto, o bo facer e o talento dos artesáns, canto máis visible é o traballo manual máis atractivo faino para ese novo consumidor que busca un produto máis emocional.

Carlos Graña, exalumno da aula de Escultura e Talla da Escola
de artes e ofícios, artesán provedor de Loewe
A artesanía unida ao deseño é o novo luxo. Nun mundo de recursos limitados hai que poñer en valor aqueles produtos que van un paso máis aló dun obxecto coidado e belo. O futuro debe estar ligado á sustentabilidade e á produción de obxectos que sexan éticos e estéticos. Produtos con alma feitos co corazón. 

Coiro e cerámica, Andrés Gallardo
Esta forma de fabricar un obxecto implica o compromiso de traballo da firma directamente cos artesáns, proporcionando un traballo ético e sostible que conserve e poña en valor as  tradiccións e á súa vez apoie a comunidades e traballadores de maneira xusta. Así marcas como Heimat Atlántica SokoAyni Cesta  Collective, Mercedes Salazar, Mimeyco, Andrés Gallardo e un longo etc.


Artesanas Keniatas, Soko

Mercedes Salazar

Ayni

Mimeiko, feito en España
Enlaces web:

2 comentarios:

  1. No pasado mes de febreiro tivemos na hemeroteca a oportunidade de falar de este tema, tras a conferencia "Artesanía e emprendemento" a cargo de Montserrat Álvarez creadora da firma Heimat Atlántica. Foi dentro da programación cultural semanal da Escola "Os venres da EMAO". Nesta ligazón tedes as fotos: https://bibliotecadaemao.blogspot.com/2020/02/imaxes-da-conferencia-artesania-e.html

    ResponderEliminar
  2. Es fascinante ver cómo la percepción del lujo ha evolucionado con el tiempo. Me alegra que estemos pasando de una simple etiqueta de precio alto a valorar más la sostenibilidad y la durabilidad de los productos. Esta nueva tendencia no solo beneficia al medio ambiente, sino que también resalta la importancia de la calidad sobre la cantidad. Es una llamada de atención sobre cómo consumimos y valoramos los bienes en nuestra sociedad. Espero que más marcas adopten este enfoque sostenible y que como consumidores, apoyemos esta iniciativa. ¡Gracias por compartir esta reflexión tan importante!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!