mércores, 20 de maio de 2020

Stohlman Award 2020 [Coiro]

Como xa sabedes moitos, o mes de Maio é un mes moi intenso para o Coiro, a nivel nacional teñen lugar as Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz a primeira fin de semana despois do primeiro de Maio, e a nivel internacional a mediados de mes ten lugar o "Rocky Mountain Leather Show", probablemente o evento de máis sona a nivel mundial do "universo Coiro".
O "Rocky Mountain Leather Show" ten lugar na vila de Sheridan, Wyoming, nos Estados Unidos, unha vila de longa tradición vaqueira, que conta cun estilo decorativo propio no Coiro, o estilo Sheridan, impulsado por un artesán local cun nome que sentou cátedra, Don King.


Dende hai máis de 20 anos vén tendo lugar este encontro que  hoxe en día contaba con centos de participantes, e que este ano igual que a cita de Allariz tívose que suspender pola pandemia.  Neste evento desenvolvíanse feiras, clases, concursos, e como colofón entregábanse os premios "Al &Ann Stohlman Award". O Al Stohlman recoñece a traxectoria profesional dun artesán e ten a consideración do premio Nobel do Coiro, o Ann Stohlman recoñece o traballo dun novo talento.

Medalla que se entrega co Premio
O pasado sábado, aínda que o show foi cancelado tivo lugar a entrega virtual do premio do ano 2020, que recaeu no artesán alemán Iürgen Volbach. Así pois, parabéns Iürgen.
E parabéns á organización deste evento coa cabeza visible de Charil Reis e Ralph Salomon.
Aquí vos deixamos  un video no que poderedes ver a entrega deste premio.
 Entrega Virtual do Al Stohlman Award 2020.  









Peza de Iürgen  realizada en ELWATS 19



Peza de Iürgen

1 comentario:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!