luns, 18 de maio de 2020

"El arte que no se entiende es un arte solitario" Juan Genovés [TALLA E ESCULTURA]

Juan Genovés

1930-2020




15 días antes de cumprir 90 anos foise Juan Genovés. Os seus fillos escribiron como despedida: “Murió soñando imágenes hasta el último instante”. Preciosa frase coma epitafio que define a vida dun artista que traballou ata os seus últimos días no seu estudo como pintor e artista gráfico.

Genovés naceu en Valencia o 30 de Maio de 1930, alí estudou Belas Artes. Na súa mocidade participou en grupos da pintura de post guerra como “los siete”, o grupo “ Parpalló” e “Hondo”, involucrouse en movementos de oposición contra o franquismo expresándose a través de dous temas característicos de traballo na súa obra: “individuo só” e a “multitude”.

“Se define el trabajo como político y no sólo el mío, en el fondo, mi pintura brota de una necesidad. Yo nací en 1930, por lo que la guerra atravesó mi infancia. Los hechos que viví en ese periodo se me quedaron como un hachazo en el cerebro...cada cuadro que pintaba era una manera de sacarme un peso de encima”.





A súa pintura de carácter expresionista ten a súa maior representación na obra "O abrazo" (1976), que se converteu nunha icona da transición. A obra, encargo da “Junta Democrática”, elixida polo seu amigo José Sandoval, dirixente do PCE na clandestinidade, foi reproducida en máis de 500.000 exemplares para Amnistía Internacional, para esixir a liberación dos presos políticos. Na obra 15 homes e unha muller atópanse nun abrazo; o cadro atopábase no Reina Sofía e é cedido ao Congreso dos Deputados, Genovés cedeu os dereitos de reprodución do cadro a Amnistía Internacional alegando que era un cadro de todos os españois, máis tarde converteríase na escultura 'O Abrazo', homenaxe aos avogados de Atocha que se atopa na céntrica praza de Antón Martín en Madrid.


“No había una casa de gente progresista que no tuviera una reproducción. ahora está en el Congreso, que es un sitio perfecto porque el cuadro es de todos los españoles., no mio, lo tengo tan claro que los derechos de reproducción los cedí a Amnistiía Internacional".


imagen de Arco 18, "multitud observando multitud" @rosgarciam

Juan Genovés foi un home de futuro, como el dicía, que non tiña "retrovisor", que sempre estaba argallando o que ía facer. Presente en tódalas ferias de arte e con obra en museos por todo o mundo, é un refernte da pintura española, os seus cadros están sempre rodeados de multitudes que ironicamente observan multitudes. Non moi partidario das feiras coma Arco, xa que dicía que os cadros están feitos para pensar, que necesitan repouso, e volvelos a observar e pensalos de novo, de maneira pausada e meditada; algo que non é posible en feiras deste tipo, pensadas exclusivamene para a venda de obras. Reivindicaba unha Bienal para Madrid, onde a xente poida pensar as obras de arte, velas e meditalas, nestes intres nos que non está moi valorado o de pensar.

Genovés deixóunos pero sempre teremos a súa obra para goce e deleite dos nosos ollos porque coma el dicía a pintura entra polos ollos, non polas palabras. Oxalá máis pronto que tarde poidamos fundirnos nunha aperta e “el abrazo” volva a ser símbolo doutro momento na historia deste país porque sempre será marabilloso volver abrazarse.  

Podedes botar unha ollada á entrada que publicou hoxe a aula de debuxo:

5 comentarios:

  1. Mi chico trabajó con él en varias ocasiones, se fue un maestro de la pintura. Muy recomendable su hijo Pablo, un fotógrafo exquisito.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué lujo trabajar con Genovés!!! conozco la obra de Pablo vi dos exposiciones, una en el centro Niemeyer, y otra en el Musac muy buenas sus fotografías e instalaciones, sobre todo el mensaje.

      Eliminar
  2. Cuanta razón el arte necesita reposo reflexión esa gran interpretación.
    Verlo así de primeras no es nada, el arte nos trasforma. A donde este gracias ❤️ sigue soñando

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!