luns, 18 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 22. Era Visto O SEGREDO DE PUSKAS. A desescalada, a "nova normalidade", esas cousas [ENCAIXE DE PALILLOS]

A xente garda segredos e nesta "nova" etapa xorden moitas ideas pero tamén segredos. Nesta realidade entretecida queremos pór un pouco de humor e animar a todos a aprender un oficio artístico con tantas posibilidades coma é o noso, que tantos segredos ten e que quedarán pérdidos nun baúl escuro se non nos animamos a continualos.

Esta semana imos prender do lúdico e veremos como eran o xogos para aprender encaixe de palillos ou coma xogan as nenas de Europa a facer encaixe xa que é importante que a tradición continúe para que o contemporáneo poida falar.

Un pouco de humor animaranos a continuar co tecido que estamos a desenvolver, axiña teredes noticias, mentres un capítulo dunha serie da televisión galega "Era Visto", unha serie que por medio dun narrador (Moncho) conta as peripecias dos distintos personaxes que viven nunha vila galega chamada Lameiro, próxima a Santa Comba. Neste caso o gran segredo que oculta Puskas, o dono do bar Puskas.
Gozade deste humor tan noso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!