martes, 19 de maio de 2020

A importancia do secado da madeira. [CAIM GAITA]

É de vital importancia reducir o contido de humidade antes da transformación da madeira nos seus derivados, de tal maneira que estes produtos preserven as súas condicións de calidade coas que foron creados, o maior tempo posible, isto é o que permite o secado da madeira; doutro xeito obteremos madeiras con serios defectos.
O contido de humidade na madeira é a auga presente nela, e determínase matematicamente como a relación porcentual do peso desta auga respecto ó peso en seco (libre de humidade) da madeira:



Existen varios métodos para determinar a cantidade de humidade da madeira; dous dos procedementos máis empregados son:

Gavimétrico ou por diferenza de peso
Neste método extráese unha mostra de madeira e pésase para obter o Peso inicial (Pi ), logo colócase nun forno a unha temperatura máxima de 105 graos centígrados, ata que se obteña un peso constante da mostra, o que será o peso seco ó forno ou peso final (Po).


Métodos eléctricos
Aquí realízase a determinación da humidade a través de medidores eléctricos que dan lecturas inmediatas, presentando limitantes só en canto á confiabilidade dos resultados, adoita corrixirse a lectura segundo a especie, temperatura e dirección do gran na madeira.



Técinas de secado
Secado natural ou ó ar
Secado natural
Tamén denominado secado caseiro, é un proceso rudimentario que consiste en expoñer a madeira ás condicións ambientais de temperatura, humidade relativa e velocidade de circulación do ar, variando o tempo de secado dende uns meses ata varios anos, dependendo das propiedades de cada madeira.
Neste caso debe terse a precaución de coñecer as propiedades da madeira a secar, posto que non tódolos tipos de madeira poden someterse a tódalas condicións ambientais, debido a que poderían obterse efectos adversos.

Secado artificial
Esta técnica realízase en fornos, en condicións controladas de temperatura, humidade relativa e velocidade de circulación do ar.
Con este xeito de secado da madeira conséguese obter contidos de humidade menores, máis uniformes, de mellor calidade e nun tempo moito máis curto.

Secado artificial
A importacia dun bo secado da madeira
Para nós, como construtores de instrumentos musicais, cobra unha importancia capital, xa que nos vai niso a calidade do son e a afinación.
A importancia do secado da madeira radica en que contribúe a facilitar o procesamento da mesma, eliminando gran parte da súa humidade, ademais con isto favorécese a redución do seu peso.
Ademais disto, a medida que a humidade da madeira diminúe, as propiedades mecánicas permanecen constantes e a resistencia da madeira aumenta, facéndose á súa vez menos propensa á degradación por insectos ou fungos.
Tamén é ben coñecido que o secado da madeira a prepara para unha maior efectividade de tratamentos químicos de preservación, cunha madeira secada correctamente obterase unha optimización das súas propiedades adherentes, así mesmo terá maior capacidade de aceptar e reter en bo estado pinturas, vernices, lacas ou cualquera tipo de recubrimento superficial
A madeira con baixo contido de humidade presenta mellores características para ser tallada que a madeira verde, obtendo produtos con mellores acabados, unha mellor estabilidade fronte a deformacións, fendas, alabeos, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!