martes, 26 de maio de 2020

Construir un Pífano de cana [CAIM GAITA]



E seguindo con instrumentos moi sinxelos, pero que teñen moito que ver cos que aprendemos a construír no obradoiro, hoxe imos facer un pífano de cana, material que podemos conseguir facilmente nas beiras dalgún río ou corrente de auga que teñamos cerca.

Neste caso trátase dunha frauta traveseira, tipo requinta, loxicamente moito máis sinxela.
Os que xa tedes a requinta en proceso veredes que o principio sonoro é o mesmo, e os que aínda non estades neste proceso irédesvos familiarizando con este tipo de instrumento.
Unha vez máis anímovos a facelo e a mostrarnos os resultados.
Luis Payno é o responsable deste sinxelo titorial.

Pincha aqui para acceder ó titorial


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!