xoves, 28 de maio de 2020

Cornell (parte 3) Caixas, caixas e máis caixas: Carmen Calvo [TALLAE ESCULTURA]

Carmen Calvo

Non é pintora, non é escultora, non é fotógrafa, non é debuxante, pero pinta, fai esculturas, traballa a fotografía e debuxa, é artista






"Como  los coleccionistas que  antaño acumulaban “curiosidades” en  sus almacenes, como  los arqueólogos que clasificaban  los ínfimos  vestigios de las  civilizaciones, Carmen Calvo, tres años atrás, cuando la  conocí en  su taller de la Casa de Velázquez, sumaba pacientemente series de signos. Se trataba de esos restos insignificantes que se pueden  recoger ocasionalmente en la calle o de fragmentos de arcilla modelados por sus propios dedos. De este modo iba desarrollando, en escrituras indescifrables, secuencias de discursos enigmáticos sin principio ni fin. Daba la impresión de estar jugando..."
Georges Duby




Autorretrato
Carmen Calvo, Valencia 1950, estudou na Escola de Artes e Oficios de Valencia, título en publicidade en 1970 e despois na facultade de Belas Artes, onde non acabou. Premio Nacional de Artes Plásticas en 2013. Nos 80 comeza a traballar con fotografías de álbunes familiares. A relixión como opresora da muller, a censura, a maternidade, o feminismo, son os seus temas de traballo ao longo dos anos.



A súa obra bebe do surrealismo en canto á  descontextualización da imaxe pero tamén do pop art e a dignificación do obxecto. O obxecto atopado en Carmen Calvo está vinculado ao tempo, ás súas vivencias, utilízao coas súas imaxes outorgando a esta un cambio na súa mirada, un discurso diferente. As súas fotografías intégranse dentro dunha obra multidisciplinar; pintura, obxectos, caixas, instalacións, debuxos, colaxes... sempre cun título poético que abre a imaxe a múltiples lecturas. 

El azar es el maestro del humor, 2008

Porqué Carmen Calvo na semana de  Cornell? está moi clara a relación, aínda que sexan moi distintos no fondo, na forma teñen un gran parecido. Os dous contan historias, a través de narrativas trasládannos a outros lugares, as súas obras poéticas e metafóricas teñen un discurso literario. O obxecto ten unha segunda oportunidade, unha nova lectura e para os dous é moi importante o mundo exterior, o descoñecido como fonte de inspiración, "as viaxes son un encontro coa imaxinación" C. C. Por iso é polo que hoxe vos trouxen a esta  artistaza á que admiro.


“Yo no soy fotógrafa pero trabajo con la fotografía”, subraya la artista. “Juego con la escala, con el uso del  blanco y negro y el  color, también con los negativos, de manera que trabajo con la luz y la sombra que  también es  dibujo”.
Carmen Calvo

Recoméndovos o programa que metrópoles lle dedicou
Ver vídeo programa Metrópolis aquí

No la creí


"No sé donde estoy situada, pero a mí las cosas me han venido por esfuerzo y trabajo. Nunca he sido una artista de pasillos. No hago más que trabajar y sigue siendo difícil ser mujer. Antes porque era joven y me decían, usted lo dejará, se casará... pues no. Y ahora me dicen: ¿cuándo te jubilas? Y yo pienso: al enemigo puente de planta. No, no me jubilo. Es mi vida y es la que he elegido".
Carmen Calvo





Enlaces web

El independiente Carmen Calvo: La emoción en la obra
ABC Carmen Calvo: nunca he sido una artista de pasillos
MAKMA revista de artes visuales y cultura contemporánea
EL PAIS Carmen Calvo: no hay que dar tantas pistas al espectador
Carmen Calvo

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Fascinante!! El autorretrato me ha dejado muy impactada por que realmente plasma el yo, el íntimo mucho más que una imagen capturada de un rostro.
    ¡Qué descubrimiento! , imaginativa, cultivada, consecuente y a la vez tan fresca, tan surrealista.
    Como plasma <3 Gracias por compartirlo.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!