luns, 18 de maio de 2020

II Mostra didáctica: 40 Lps gaiteiros (1962-1993) [CAIM GAITA]

Da man de Xaime Estévez Vila e o seu EDUCAFOLK, tráiovos unha mostra dixital de 40 Lps (si, aqueles discos que se poñían nun tocadiscos con agulla e todo iso, antes da era dixital) de gaiteiros entre os ano 1962 e 1993.
O autor, Xaime Estévez, proponnos ata 10 análises diferentes que poderíamos facer a partir desta colección de música gaiteira, máis sen profundizar neles, xa que iso sería para un traballo máis polo miúdo, e neste caso trátase só o aspecto divulgativo.
Achéganos tamén un video-mostra deses 40 discos, no que podemos escoitar como banda sonora a muiñeira de Chantada, interpretada polos Gaiteiros de Soutelo nunha gravación do ano 1928.

Déixovos aquí a ligazón para que a gocedes:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!