Chéganme debuxos con grandes problemas que lles xeneran as circunferencias en perspectiva, convertidas en elipses. A alumna de proxectos María Teresa estivo loitando esta semana con este tema para resolver as curvas dun sombreiro.
ELIPSE
A elipse é unha curva cónica. Estas son formas de grande utilidade polas súas aplicacións técnicas, que abranguen desde o uso para focos de iluminación, como para o emprego en arquitectura e deseño.
A elipse defínese como un lugar xeomético, é dicir, vai ter unha determinada propiedade no plano. Esa propiedade é que os puntos do plano cuxa suma de distancias (chamdas vectores) aos puntos fixos, chamados focos, é constante, sempre a mesma.
PRIMEIRO MÉTODO: TRAZADO DA ELIPSE MEDIANTE UNHA TIRA DE PAPEL
Este é un método moi sinxelo que me ensinou Agustín, o meu mestre de xeometría. Un fantástico profesor.
PASOS:
1. Danme os eixes AA´ = 2a (eixe maior ) e BB´ = 2b (eixe menor )
2. Sinalo sobre unha tira de papel MM´ = OA e NM´= OB
3. Dispoño a tira de xeito que M escorra sobre BB´e N se sitúe sobre o eixe AA´, e vanse marcando os puntos da curva.
4. Remátanse os puntos da curva dese cadrante, que logo uniremos a man alzada. O resto da elipse trázase do mesmo xeito.
Sempre me gustou este método para trazado de elipses a man alzada. Penso que vos pode funcionar moi ben, aínda que ao principio parece un pouco aparatoso. A medida que collades esta práctica veredes que é moi sinxelo de trazar.
SEGUNDO MÉTODO: TRAZADO DA ELIPSE CO MÉTODO DO XARDINEIRO
Este método coñéceno os albaneis e xardineiros porque se utiliza sobre todo para grandes formatos. Igual non resulta moi útil para os nosos debuxos en pequeno formato, pero se cambiades a escala aí o tedes.
Quero rematar con esta secuencia da película Ágora, de Alejandro Amenábar. Paréceme tan bonita, sempre a poño como exemplo cando explico as elipses. Agardo que vos guste e que os métodos vos sirvan de axuda para resolver os problemas das elipses a man alzada.
Fredy encantoume este artigo, noraboa!! ;D
ResponderEliminarImprescindible. Gracias
ResponderEliminarGrazas, tiven un bo mestre.
ResponderEliminarTomo nota de todos los apuntes .Muy interesante.
ResponderEliminar