Por se alguén aínda non se decatou ou acaba de chegar dende o deserto de Taooine ou unha lúa de Endor, dende o pasado 14 de marzo e debido ó estado de alarma en todo o estado estamos confinados nas nosas casas co fin de gañar a batalla ó Covid-19, e agora estamos empezando a saír de casa e volver á "nova normalidade", estou seguro que a moitos se vos fixo duro non poder ver ou estar cos nosos seres queridos. Así pois imos xogar a que este periodo de illamento foi algo similar a un período de vacacións.
Segundo Wikipedia, "Un souvenir ou recordo, do francés souvenir, obxecto que serve como recordo da visita a un lugar, é un obxecto que atesoura as memorias que están relacionadas a el. (...). Por exemplo, se un viaxeiro compra un recordo nunhas vacacións memorables, moi probablemente asociará ese recordo ás vacacións e lembrará ese momento especial cada vez que mire o obxecto." Así pois, despois de 64 dias de viaxe á cociña, ó salón á habitación... a nosa proposta é a seguinte:
Tedes ata o domingo para realizar un souvenir especial, un imán para neveira, a técnica para realizalo é libre, podedes facelo co coiro que empregamos en clase ou con recortes que teñades ó cromo, ou retais... sempre que sexa coiro. Podedes decoralo como quierades, imos ser libres e creativos. Cando o teñades mandádesme unha foto por correo electrónico (artesaniaodocoiro@gmail.com) ou por whatsapp privado.
E para rematar pensade na persoa ou persoas que máis botastes de menos e dádello como agasallo para que o pegue na súa neveira; así cada vez que o vexa saberá que alguén que estivo de "vacacións" durante máis de 60 días lle trouxo iso porque se lembrou del/es cada día...
Boa sorte e dádelle ó coiro.
E para rematar pensade na persoa ou persoas que máis botastes de menos e dádello como agasallo para que o pegue na súa neveira; así cada vez que o vexa saberá que alguén que estivo de "vacacións" durante máis de 60 días lle trouxo iso porque se lembrou del/es cada día...
Boa sorte e dádelle ó coiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!