venres, 22 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 25. Xadrez EMAO [ENCAIXE DE PALILLOS]


Nesta semana lúdica quixemos mostrar como xogando pódese aprender unha arte como é a nosa especialidade.

A gamificación é unha técnica de aprendizaxe que traslada a mecánica dos xogos ao ámbito educativo-profesional co fin de conseguir mellores resultados, xa sexa para absorber mellor algúns coñecementos, mellorar algunha habilidade, ou ben recompensar accións concretas, entre outros moitos obxectivos, que utilizamos nesta especialidade.

O neno prodixio do xadrez, Samuel Reshevsky, de oito anos, 
derrota a varios mestres do xadrez, nunhas partidas simultáneas en Francia 

Mostrámosvos como aprendemos/xogando por medio de xogo de taboleiro que deseñamos desde o taboleiro ata cada unha das pezas, o xadrez.

Este proxecto realizouse en varias fases e varios cursos de perfeccionamento durante aproximadamente 5anos de traballo de deseño e realización. Esta peza de xadrez pertence á escola de artes e oficios de Vigo e pódese ver, xogar e gozar dela.

Xadrez de encaixe de palillos da escola de artes e oficios de Vigo



Dende a especialidade de "Deseño e Encaixe de Palillos" deixamos unha mostra do fantástico traballo realizado polas alumnas da especialide de Perfeccionamento II, un traballo para gozar coa vista e co propio xogo no taboleiro.

O taboleiro deste xadrez ten tódalas pezas negras cun deseño distinto, é dicir, que tódalas pezas negras son distintas, ó igual que cada peza do propio xogo cada lado da peza en si ten cada cara totalmente distinta, o que fai un xogo estrutural que dependendo de onde se vexa a peza pode ter un debuxo ou outro.

Grazas de novo, especialmente ao curso de Perfeccionamento II 2012/13, por todas as súas ganas e o seu bo facer neste traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!