É importante que comprendamos que tanto a nosa técnica encaixeira coma outras técnicas relacionadas co mundo feminino evolucionan a ámbitos artisticos ofrecendo novas visións do mundo e da propia esencia humana.
Anne Mondro. Instalación |
O latexo. Anne Mondro |
Xa que esta semana falamos de artistas que "xogan" co metal, Mondro traballa con fíos metálicos e dálles vida propia.
Anne Mondro recibiu o seu BFA no College for Creative Studies de Detroit e completou o seu MFA na Kent State University antes de mudarse a Ann Arbor, Michigan, para continuar a súa carreira como artista e profesora na Universidade de Michigan.
A súa obra explora a complexidade física e emocional do corpo humano. Integrando artesanía tradicional, belas artes e tecnoloxía dixital, crea imaxes e esculturas que investigan a humanidade.
Mondro mostrou o seu traballo creativo en varias exposicións nacionais, incluíndo The Edges of Grace: Provocative, Craft Incommon in the Fuller Craft Museum e Life Insight: The Human Experience no Kentucky Museum of Art. Actualmente o seu traballo está en exhibición en Love Lace: Exposición Internacional de encaixes en Sydney, Australia.
A súa obra foi amosada en exposicións en solitario no Urban Institute of Contemporary Art, ARC Gallery de Chicago, Museo Internacional de Ciencias Cirúrxicas, Galería PIU en São Paulo e Galería Ceres en Nova York.
Ademais da súa práctica en estudo, Mondro ofreceu numerosas clases e talleres de artistas. Estes incluíron presentacións no departamento de imaxes de moda na Universidade Ming Dao de Taiwán, a 16ª Conferencia Anual da Sociedade para as Artes en Saúde e o Colexio de Arte e Deseño de Kendall.
Me encanta!!
ResponderEliminar