O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora decidiron ampliar ata o vindeiro 15 de xuño de 2020 o prazo para enviar obras ao XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O fallo do xurado darase a coñecer durante a segunda quincena de xullo e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada.
Esta modificación nas bases responde á situación de alarma sanitaria
motivada pola pandemia de COVID-19, facilitando así que os participantes
poidan seguir elaborando e ultimando os seus proxectos, no que respecta
á presentación dos materiais necesarios para a valoración do xurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!