Hai anos existiu unha corrrente, entre os sectores máis "puristas" da música tradicional, que sostiña que o pito pastoríl non era máis que unha copia das frautas de bico que alguén quería introducir no catálogo de instrumentos tradicionais. Nada máis lonxe da realidade, máis si temos en conta que nada aparece por xeración expontanea, e todos os instrumentos foron creados nalgún momento e foron sufrindo cambios i evolucións a traverso dos séculos.
posibilidades, seguimos pelexando contra a utilización das frautas "rectificadas" en substitución do pito, e no mesmo contexto existe a teima de que o pito é unha ferramenta de iniciación ou introducción á gaita, ou como moito para ensaiar ou aprender novas pezas. Pois non, señores, un pito pastoríl galego NON É isto. Alén de que tamén pode facer esta función, un pito pastoríl galego é un instrumento de seu, coas súas pòsibilidades propias, coa súa dixitación propia (é parecida á da gaita, pero non igual), co seu son, matices e técnicas propias de articulación, que nada teñen que ver coas da gaita.
Substituimos o pito por outros instrumentos que nada teñen que ver (low whistle, frautas de pico), ocupando un espazo musical que lle corresponde por dereito propio, como moito, e salvo honrosas excepcións, seguimos a relegalo casi exclusivamente ó papel de ferramenta (ensaio, aprendizaxe), e este non é o seu sitio. Co pito podemos interpretar música tradicional, de autor, clásica, jazz e ata músicas da tradición balcánica si nos peta.
Afortunadamente xa comenzamos a ter algunha ferramenta que nos permite iniciarnos no seu aprendizaxe, por exemplo o Método práctico de Pito Galego, escrito por Moises Quintas. Deixovos unha ligazón á versión en liña, ta,én se pode mercar en formato clásico en papel.
Recoméndovos o disco "O Pito Galego" de Efraím Díaz, asegúrovos que vos sorprenderá. Mesmo xa hai unha obra sinfónica escrita para pito, que se pode escoitar interpretada pola banda municipal de A Coruña e con Efraím Díaz no pito solista, titulada O Bosque do Asubiador. Deixovos o video da estrea integro para que o desfrutedes
Como remate, quero animar, sobre todo a gaiteiros, pero non só, a que se mergullen no mundo do pito, aprendan as súas peculiaridades, dixitación, respiracións e articulacións, non vos defraudará., e por suposto ás escolas de música tradicional a que impartan aulas desde instrumento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!