luns, 20 de febreiro de 2023

Venres da Emao 24-2-2023. María Moreira. Rompendo moldes na moda [MODA E CONFECCIÓN]

María Moreira é unha recoñecida deseñadora galega con unha ampla traxectoria no mundo da moda.


Comenzuo a sua andaina na moda cando era moi nova de forma autodidacta facendo pezas de punto en máquina de tecer manual, para pronto abrir en Vigo dúas tendas coas suas coleccións.


Foi a única muller que participou na primeira edición da pasarela Cibeles e alí mostrou as suas colección durante máis de 10 anos. Para ela desfilan modelos da talla de Judih Mascó, Paolo Dominguin 

Tamén deseñou o vestuario para a película de Almodovar “ Mujeres al borde de un ataque de nervios” e as suas coleccións nos anos 90 vendíanse en toda Europa e ata en Xapón 

Taballou como deseñadora freelance para “ El Corte Inglés” “Zara” “Stilmark” entre outras marcas para finalmente no 1997 fusionarse con Creaciones Foque, empresa adicada o deseño e fabracación de moda infantil.

Unha vez xubilada viaxa a Cabo Verde onde volve a conectar coas suas raices. Ali observa a taballo tradicional das mulleres, a “renda”, técnica para tecer e crear enseres para o fogar. María advirte o valor engadido de asociar a artesanía das Rendeiras co deseño e a moda e a oportunidade que significaría para ellas e para a economía do sector textil de Cabo Verde.

Trasladou o seu taller o país africano para desenrolar o proxecto “ Rendeiras Desing Academy” co fin de empoderar as mulleres artesanás de Cabo Vede mediante a obtención de habilidades básicas e elementais no corte de moldes, tecidos, costuras, deseño para establecer os primeiros vimbios dentro do sector textil e xerar oportunidades dentro de unha sociedade onde o papel da muller queda relegado ás tarefas domésticas.




Da sua traxectoria como deseñadora e especialmente de este interesante proxecto falará a nosa invitada María Moreira, o venres 24 de febreiro ás 19h na Hemeroteca de EMAO dentro do ciclo Venres da EMAO.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!