Cedro Vermello (Thuja Plicata) |
Preguntarédesvos por que falamos aquí desta madeira se nós non a empregamos no noso traballo
Ben, pois resulta que esa é unha verdade a medias, certo é que nas gaitas ou nas requintas non a usamos para nada, pero o pito leva unha peza dentro da boquilla chamada pistón ou bloque, que é a que conforma a canle do vento e o dirixe cara ao bisel. Pois esa peza faise sempre cunha madeira de densidade e dureza moi inferior á do instrumento. Para este fin empréganse distintos tipo de madeiras, como a pereira ou outras froiteiras, pero a mellor e máis recomendada polas súas características é o cedro.
Desta madeira hai moitas variantes: cedro do Líbano, cedro do Himalaia, cedro vermello..., aínda que se crea certa confusión debido a que se lle chaman cedros a especies diferentes, dos cales o máis empregado é este último, e por iso lle dedicamos hoxe a nosa atención.
É unha especie moi importante do oeste de Estados Unidos, aparece naturalmente dende o sur de Alaska ata California Central no seu extremo sur, e no interior aparece na zona húmida da Columbia Británica e ao oeste das Montañas Rocosas en Montana. Pode alcanzar os 60 metros de altura e 2 metros de diámetro. A madeira é de cor castaña rosada, veteado atractivo, liviá, branda, moi resistente á intemperie e ao contacto co solo, doada de traballar e moi estable. É de crecemento relativamente rápido.
Usos contemporáneos
Úsase en xardíns, como árbore de sombra e para setos. A súa madeira imputrescible utilízase en carpintería e ebanistería fina, e tamén para revestimentos (as tellas de cedro vermello son chamadas "ripias"), postes, tonelería.
Usos tradicionais
Eran moitísimos, tantos que os indios indíxenas da costa Norte-Oeste chamábanse entre sí "indios do cedro vermello". Ademais dos seus famosos tótems monumentais, sacaban da árbore (ás veces incluso sen derrubala, deixándoa vivir) tablóns e alcacenas para todo tipo de construción e utensilios. Ata recollían e tecían a cortiza para facer vestidos, maromas, e redes. Tamén baleiraban amplamente, cos seus útiles de cuncha ou de pedra, nos enormes troncos, logo dunha operación de tala que parecería hoxe extremadamente dificultosa, grandes canoas monoxylas de alta mar nas que os indios ían cazar baleas.

Tilikum. 1901 |
Para dar unha idea da solidez destes cascos, cabe decir que unha desas piraguas, de perto de 11 metros de longo, baleirada a comenzos do século XIX, foi mercada por certo aventureiro, o capitán John Voss, e, enxarciada con tres mastros, foi equipada para dar a volta ó mundo, cunha tripulación total de dous homes. Bautizada "Tilikum" ("Compañeiro/persona" na xerga chinook), a canoa salíu ó Pacífico dende a costa de Columbia Británica o 25 de maio de 1901, e chegóu a Londres (Inglaterra) en septembro de 1904 co Capitán Voss ao temón. "Tilikum" tería coñecido varias aventuras e escalas nas illas do Pacífico, e tamén numerosos cambios de mariñeiro, entre os cales un incluso desapareceu en alta mar. A canoa "Tilikum" atópase agora no Museo Marítimo de Victoria, capital do estado de Columbia Británica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!