Enténdese por obra gráfica o conxunto de estampas xeradas mediante unha
matriz elaborada cunha das técnicas gráficas e estampada por
medio dun sistema de impresión. Distínguense catro grupos fundamentais: en relevo, en oco, planográficas e permeográficas. A serigrafía é unha técnica permeográfica. Neste post explicaremos que é e que podedes aprender realizando a especialidade de Serigrafía Artística na Emao. Se premes neste enlace podes consultar o plan de estudos pero como ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo aquí algunhas fotografías das actividades fundamentais que facemos no obradoiro.
¿Como podo acceder?
Primeiro hai que realizar a matrícula (se premes aquí tes a información necesaria). O acceso ás prazas vacantes será cunha proba de acceso no caso de que as solicitudes superen a oferta de prazas e con preferencia para as personas empadroadas na cidade de Vigo (non excluínte). Para información sobre a oferta e os prazos correspondentes podedes consultar a convocatoria neste enlace á convocatoria 2022/23.
¿Que horarios hai?
Información completa horarios curso 22-23.
Resumo:
En horario de tarde a formación desenvólvese durante dous cursos (Básico e Superior). Consta de 10 horas semanais de obradoiro repartidas en dúas tardes e coas asignaturas complementarias de Debuxo e de Historia da serigrafía e das técnicas de impresión.
En horario de mañá a formación desenvólvese durante tres cursos (Iniciación, Perfeccionamento I e Perfeccionamento II). Consta de 4 horas semanais de obradoiro, impartidas os venres.
Curso avanzado.
O alumnado voluntariamente elabora un proxecto de interese para a especialidade (pode ser do ámbito da investigación, produción, creación...) no que presentará un proxecto para a súa valoracion e no seu caso, aprobación pola comisión correspondente. Este curso consta de dúas horas semanais presenciais/titoría.
Acceso a niveis superiores por convalidación
De xeito excepcional o alumnado, tanto de novo ingreso como matriculado, poderá solicitar a convalidación dun nivel completo dunha especialidade. Para poder optar a esta posibilidade o interesado/a deberá presentar unha solicitude motivada na que amose que posúe os coñecementos, aptitude e experiencia dabondo para saltar un nivel. A solicitude será resolta pola dirección do centro previo informe do mestre da especialidade e da xefatura de estudos. Se é o caso, poderá esixirse unha proba práctica previa. Esta posibilidade está condicionada á existencia de vacantes no curso que se solicite.
Algunhas imaxes da complementaria de debuxo na aula:
Algunhas imaxes de prácticas de diferentes técnicas de impresión artesanais:
Imaxes do proceso serigráfico (emulsionado, insolado, revelado e secado) no cuarto escuro baixo luz amarela:
Imaxes do proceso de estampación na aula:
Edicións de obra gráfica sobre diversos soportes (papel, cartón, madeira, téxtil, etc.)
¿Como podo acceder?
Primeiro hai que realizar a matrícula (se premes aquí tes a información necesaria). O acceso ás prazas vacantes será cunha proba de acceso no caso de que as solicitudes superen a oferta de prazas e con preferencia para as personas empadroadas na cidade de Vigo (non excluínte). Para información sobre a oferta e os prazos correspondentes podedes consultar a convocatoria neste enlace á convocatoria 2022/23.
¿Que horarios hai?
Información completa horarios curso 22-23.
Resumo:
En horario de tarde a formación desenvólvese durante dous cursos (Básico e Superior). Consta de 10 horas semanais de obradoiro repartidas en dúas tardes e coas asignaturas complementarias de Debuxo e de Historia da serigrafía e das técnicas de impresión.
En horario de mañá a formación desenvólvese durante tres cursos (Iniciación, Perfeccionamento I e Perfeccionamento II). Consta de 4 horas semanais de obradoiro, impartidas os venres.
Curso avanzado.
O alumnado voluntariamente elabora un proxecto de interese para a especialidade (pode ser do ámbito da investigación, produción, creación...) no que presentará un proxecto para a súa valoracion e no seu caso, aprobación pola comisión correspondente. Este curso consta de dúas horas semanais presenciais/titoría.
Acceso a niveis superiores por convalidación
De xeito excepcional o alumnado, tanto de novo ingreso como matriculado, poderá solicitar a convalidación dun nivel completo dunha especialidade. Para poder optar a esta posibilidade o interesado/a deberá presentar unha solicitude motivada na que amose que posúe os coñecementos, aptitude e experiencia dabondo para saltar un nivel. A solicitude será resolta pola dirección do centro previo informe do mestre da especialidade e da xefatura de estudos. Se é o caso, poderá esixirse unha proba práctica previa. Esta posibilidade está condicionada á existencia de vacantes no curso que se solicite.
Algunhas imaxes de prácticas de diferentes técnicas de impresión artesanais:
Imaxes do proceso de estampación na aula:
Tradicional estampación coa técnica Lionesa (fotografía vía serigrafiaitalia) |
Chámome Alba, son a mestra de taller de Serigrafía Artística da EMAO, para calquera dúbida podedes contactar conmigo no seguinte mail: serigrafiaemao@gmail.com.
O blog da aula
O instagram da aula
Enlace ao plan de estudos de Serigrafía Artística
Enlace a algúns traballos do alumnado
Enlace aos procesos na aula
Enlace a algunhas actividades fora da aula
Enlaces aos traballos da aula de Serigrafía Artística para as exposicións do Espazo Emao.
Ánimo, saúde e moita tinta!!!
Alba gran traballo, precioso todo o que facedes !! ;D
ResponderEliminar