mércores, 8 de xullo de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 42. ASI FOI O MONOGRÁFICO DE VERÁN CON OURIVARIA [ENCAIXE DE PALILLOS]

Monográfico de verán no 2018: Mar de Latón e Fío (Aula de Deseño e Encaixe de palillos e Ourivaría)

Dende as aulas de Deseño e encaixe de palillos e Ourivaría xuntamos creatividade para facer este monográfico conxunto.

Mar de latón e fío achegou a todos os alumnos ao mundo do encaixe de palillos e a ourivaría dunha forma divertida e sinxela, cuns resultados espectaculares, relacionando e poñendo enriba da mesa a importancia da transversalidade que ofrece esta escola

Dende este blog mostrámosvos o proceso de traballo e os resultados finais que nos encantaron e que estiveron expostos na entrada da Emao en setembro do curso 18/19.

Grazas a Sandra de Jesús (profe de ourivaría), Mª Jesús (biblioteca) e todos os que participastes.

Deixámosvos co proceso de traballo e os resultados finais deste, Mar de latón e fío, de verán, que nun tempo record aprendemos a traballar con dúas especialidades complexas pero a motivación foi tan boa que saíron proxectos tan magnificos como os que ides ver.

As primeiras ideas. O bosquexo


O cadro de cor coa materia de traballo, a importancia da cor e a súa combinación


Elixir materiais e as primeiras probas do encaixe (por enteiro)

Cortando a peza de latón (ten truco...)

O traballo a tope na aula de ourivaría, aprendendo a tecer (coa técnica do encaixe de palilllos)


Os deseños finais, todo un logro en tempo récord



Os proxectos rematados


María Alonso
Belén Pardo
Alexandra Vázquez
Elisabeth Lima
Anxo de la Fuente
Helene Mosquet
Belén Peláez

1 comentario:

  1. Este monográfico foi incríbel, moi creativo e exixente, iso apreciase no traballo e no contentas que rematamos as mestras polo gran traballo feito e o esforzo, noso e deles.
    Por momentos pensei que os alumnos non ían rematar as pezas, pois era moito traballo para o tempo que tíñamos, pero alí o demos todo ;DDD.
    Grazas Marian por este gran artigo, xa sabes repetimos cando queiras.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!