mércores, 22 de xullo de 2020

Presentación da especialidade: DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS [ENCAIXE DE PALILLOS]


Presentación da Especialidade de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS [ENCAIXE DE PALILLOS]

Que é o que podedes aprender realizando a especialidade de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, EMAO?

Calendario Azteca realizado coa técnica do Encaixe de palillos, deseño e realización de Natalia Costa

Dende a escola Municipal de artes e oficios de Vigo queremos dar unha visión distinta do que todos podemos ter na cabeza do que é facer de encaixe de palillos, xa que o deseño e a creatividade son o noso punto de distinción como obradoiro artistico.



Moto realizada coa técnica do encaixe de palillos,
proxecto fin de curso por Ángela da Rosa 


Casco realizado coa técnica do encaixe de palillos,
proxecto fin de curso por Ángela da Rosa 



Abano modernista por Carmen Fabeiro, deseño e realización na aula



Proxecto e insvestigación sobre os distintos tecidos do corpo humano coa técnica do encaixe de palillos (tecido neuronal), por Maite Ríos Rey

Maite Ríos Rey (tecido muscular), deseño e realización, curso Avanzado

Maite Rios Rey (tecido óseo), proxecto coa técnica do encaixe de palillos, deseño propio.


Segundo a RAE, esta é a definición de encaixe: 5. m. Tecido de mallas, lazadas ou calados, con flores, figuras ou outros labores, que se fai con palillos, agulla de coser ou de gancho, etc., ou ben á máquina.


1. m. Tarefa difícil e delicada.


Segundo a Wikipedia, esta é a definición de encaixe: O encaixe de palillos é unha técnica de encaixe téxtil que consiste en entretecer fíos que inicialmente están enrolados en bobinas, chamadas palillos, para manexalos mellor. A medida que progresa o traballo, o tecido suxéitase mediante alfinetes cravados nunha almofada, que se chama "mundo". O lugar dos alfinetes normalmente vén determinado por un padrón de buraquiños en almofada, tamén coñecido como "picado".

O encaixe de palillos pódese realizar con fíos finos ou grosos. Tradicionalmente, facíase con liño, seda, la e posteriormente con algodón. Tamén con fíos de metais preciosos. Hoxe en día tamén se realiza cunha gran variedade de fibras sintéticas, con arames ou outras fiaturas.

Entre os elementos de deseño que se poden realizar hai tecidos (tea), redes, cordons, puntillas, cadros e recheos, aínda que non todos os tipos de encaixe de palillos inclúen todos eses elementos.
 

Definicións quizais que no século XXI quedan ambiguas e quizais hoxe en día faltas de sentido, xa que dende a nosa especialidade mostramos unha idea de renovación que así se reflicte no plan de estudos de 2015, da propia escola.

Proxecto curso avanzado, por Cristina Fdez. de las Heras



Detalle do proxecto o,  por Cristina Fdez. de las Heras

Dende a escola queremos facer fácil e divertida a aprendizaxe dunha especialidade que sendo a máis antiga da escola datando de 1916, sexa unha gran descoñecida que hoxe en día queremos achegarvos desde o propio traballo do alumnado. Din que unha imaxe vale máis que 10.000 palabras e todos os proxectos que vos mostro nesta presentación son traballos realizados na nosa aula de DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS.


Instalación realizada coa técnica do encaixe de palillos por Begoña Arce
Detalle da Instalación, deseño e realización por Begoña Arce

Detalle do proxecto fin ce curso de Begoña Arce, "Lusesitas"

 

Bolas de luz deseñadas e realizadas por Begoña Arce

Como aprendemos?

Os nosos 4 pilares de metodoloxía: 

Coñecer o deseño especifico para téxtil (encaixe de palillos) e o porqué dos obxectos.

Coñecer a técnica especifica (encaixe de palillos).

Entender a historia do encaixe, o porqué de antes, e o porqué no século XXI.

Desenvolver un traballo/proxecto co aprendido.

Dende a aula levamos a cabo un labor de investigación sobre o téxtil e como o entendemos no século XXI
Somos unha especialidade moi completa que quere que o alumnado comprenda que o noso traballo é artístico e que a nosa ferramenta de traballo é unha técnica determinada, neste caso o encaixe de palillos. 

Dende pezas bidimensionais (cadros) a pezas tridimensionais (esculturas), o fío é a ferramenta que nos leva cara á peza única pictórica, escultórica ou movemento, como foi o proxecto dun zootropo, ou as instalacións, e a técnica do encaixe de palillos é o noso medio para conseguir todo isto.


Detalle do proxecto do zootropo realizado por Mara Glez
Proxecto realizado por varios grupos na homenaxe ao 800 aniversario de Sta. Mª de Castrelos
                                    

Como é o itininerario para aprender e como podedes acceder 
á nosa especialidade de Deseño e Encaixe de Palillos da EMAO?



A Especialidade de Deseño e Encaixe de Palillos pode realizarse seguindo dous itinerarios en horario de tarde ou en horario de maña. Nas dúas vías a asistencia é obrigatoria, danse os mesmos contidos e séguese a mesma metodoloxía. As diferenzas son:


Deseño e realización dun balón de futbol reglamentario por Carmen Oro.
Peza en 3D



Deseño e Encaixe de Palillos en horario de tarde / (2 anos, 700 horas) 
Básico (1º curso)  
Superior (2º Curso) 
Estes niveis teñen unha carga horaria de 350 horas cada un, dous días á semana, das 16:00 as 21:00 horas. Estes cursos compleméntase con dúas complementarias integradas dentro do horario, que son Debuxo técnico (Básico) e Historia do Encaixe (Superior). 

Deseño e Encaixe de Palillos en horario de maña / (3 anos, 432 horas)
Iniciación (1º curso)
Perfeccionamento I (2º curso)  
Perfeccionamento II (3º curso)
Estes niveis teñen unha carga horaria de 144 horas cada un, martes e xoves en horario de 10:00 as 12:00 horas. Estes cursos non teñen complementarias.

Nivel Avanzado/ 
Este é un curso opcional ao que poden optar os alumnos que rematan o último curso da especialidade ou aspirantes con coñecementos demostrables, para iso requírese a presentación e aprobación dun proxecto persoal a realizar durante este nivel que ten unha carga horaria de 70 horas obrigatorias, e que se cursa os venres pola tarde. 

Unha vez se ofertan as prazas para un novo curso, os aspirantes deben preinscribirse no 
nivel escollido (Básico ou Iniciación), no mes de setembro deberanse presentar á proba de acceso na hora e día indicados co seu DNI.




A proba de acceso consta dun cuestionario básico e unha proba práctica escrita
para a que NON se requiren coñecementos previos de ENCAIXE DE PALILLOS.



Proxectos fin de curso (nivel avanzado).  (Na parede) Marián Paradela e gamela de Marina Mariño (3D)



Dorinda Pérez proxecto Chic and Casual coa técnica do encaixe de palillos en 3D


Cara a onde queremos ir?

A creatividade e a calidade son noso lema.


O noso obxectivo para co alumnado é o seguinte:

Crear e desenvolver deseños propios de forma artística de xeito bidimensional e tridimensional, empregando distintas técnicas do encaixe de palillos, combinando as distintas técnicas e transmitindo a idea emocional.

Xestionalo e expoñelo como medio de promoción da obra propia.

Xadrez realizado para a exposición "Branco e Negro", proxecto 3D




Detalle do xadrez, deseñado e realizado na aula de encaixe por diferentes grupos de traballo


Como dividimos a nosa aprendizaxe?
Comprender, deseñar e proxectar

Coñecer o obradoiro/ 
O obradoiro, a almofada, a ferramenta: bolillos, consumíbeis, seguridade e hixiene, mantemento, etc.

Fiaturas/
O natural, o sintetico, fios metálicos, fios plásticos, etc.

Deseño e visión artística/
Concepto e utilidades do deseño en xeral.
Debuxo aplicado, elaboración de padróns e deseños aplicados á técnica téxtil do encaixe.

Técnicas básicas/
Deseños tradicionais, puntos básicos, etc.

Técnicas perfecionamento/
Deseños de propia autoría, puntos de perfeccionamento, etc.

Tratamentos do tecido e fiaturas/ 
Os tintes, os endurecementos, etc.

Sistemas de pegado a unha tea/ 
Bordado, macramé, etc.

Incorporación doutros materiais ao fio/
Plástico, perlas, chaquiras, etc.

Se todo isto vos anima, dádelle unha volta ao Blog, coa palabra encaixe ou encaixe de palillos: https://emaonlinecovid.blogspot.com/, onde estivemos falando de artistas que usan a ferramenta do fio e do encaixe para realizar as súas obras artisticas, que esperamos que vos guste como a nos facer DESEÑO E ENCAIXE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!