Visitas escolares |
Aínda que para o próximo curso se prevé unha menor oferta de prazas debido á repetición de curso do alumnado que xa estaba matriculado na especialidade e perdeu a maior parte do curso presencial, esta é unha situación conxuntural que esperamos desapareza nos vindeiros cursos.
O acceso ás prazas vacantes será, como é habitual, mediante unha proba de acceso no caso de que as solicitudes superen a oferta de prazas, e con preferencia para as personas empadroadas na cidade de Vigo (non excluinte). Para información sobre a oferta e os prazos correspondentes, podedes consultar a convocatoria neste enlace convocatoria 2020/21.
Os dous itinerarios posibles son:
En horario de tarde, a formación desenvólvese durante dous cursos (Básico e Superior), e conta con 10 horas semanais de obradoiro repartidas en dúas tardes, e as asignaturas complementarias de Debuxo técnico, Iniciación á interpretación, Historia da música galega (on line) e Lingüaxe musical.
En horario de mañá, a formación desenvólvese durante tres cursos (Iniciación, Perfeccionamento I e Perfeccionamento II), e conta con 8 horas semanais de obradoiro, impartidas os venres.
Curso avanzado.
Trátase dunha extensión dun curso máis logo de ter rematado o itinerario correspondente, no que o alumno voluntariamente elabora un proxecto de interese para a especialidade, que pode ser do ambito da investigación, creación, mellora dos instrumentos, etc., que presentará para a súa valoracion, e no seu caso aprobación, pola comisión correspondente. Este curso consta de dúas horas semanais presenciais/titoría.
Acceso a niveis superiores por convalidación
De xeito excepcional poderán os alumnos (tanto de novo ingreso como matriculados) solicitar a convalidación dun nivel completo dunha especialidade. Para poder optar a esta posibilidade deberá o interesado presentar unha solicitude motivada na que amose que posúe os coñecementos, aptitude e experiencia abonda para saltar un nivel. A solicitude será resolta pola dirección do Centro previo informe do mestre da especialidade e da xefatura de estudos. Se é o caso, poderá esixirse unha proba práctica previa. Esta posibilidade está condicionada á existencia de vacantes no curso que se solicite
Tanto se pretendes facer da artesanía musical o teu oficio, coñecendo técnicas construtivas, os mellores materiais, os problemas que xorden e as súas solucións; como se es afeccionado/a á música tradicional, tocas algún instrumento e queres tocar cunha gaita feita por ti mesmo/a, ou simplemente sentes curiosidade polas interioridades do instrumento, e decídeste a estudar con nós, poderás aprender todo o necesario para a construción de gaitas, pitos e requintas:
- Construción de palletas e pallóns de cana
- Diferenciación e elección das mellores madeiras
- Deseño do instrumento
- Cilindrado e calibrado das madeiras
- Preparación e colocación de anelas de madeira, sintéticas ou de metal
- Torneado e lixado
- Colocación e axuste das cortizas (naturais e sintéticas)
- Acabado do instrumento (aceites, ceras e vernices)
- Montaxe do fol
- Empalletado e afinado
- Elaboración do "voicing" do Pito pastoril (bisel, labios, canle, bloque)
- Elaboración da cabeza e chaves da requinta
furado dunha peza do ronco |
Canle portavento e bisel |
furado dunha peza do ronco |
Para isto empregaremos unha metodoloxía baseada maioritariamente na demostración práctica por parte do mestre, previa explicación teórica, e seguimento individual do traballo de cada alumno, xa que as diferentes habilidades de cada alumno fai que cada un siga o seu propio ritmo de traballo.
Repuxado de anela de prata |
achegando a maquinaria necesaria, como tornos, trades, esmeril, etc., e por suposto as ferramentas
especializadas como escariadores, brocas adaptadas, etc.
Todo isto para conseguir un resultado final que non é tanto a construción do instrumento (que tamén) como a adquisición da competencia necesaria para poder poñer en funcionamento o noso propio obradoiro artesán.
Por parte do alumnado será necesaria a achega de ferramenta de man (coitelas para tornear, trencha, navalla, etc.) que serán de uso exclusivo polo propietario, tamén achegará os materiais necesarios para a elaboración do instrumento (madeiras, cortizas, anelas), e, loxicamente as EPIS individuais necesarias, que serán de uso obrigatorio.
A continuación déixovos unha pequena mostra do que poderás ter conseguido cando remates os estudos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!