mércores, 15 de xullo de 2020

A relación da talla en madeira e a xilografía como linguaxes expresivas (parte 6) [TALLA E ESCULTURA]


Os primeiros artistas gravadores da madeira e as súas alucinantes estampas


Estampa do libro Crónica de Nüremberg

É a partir do século  XV e  XVI cando aparecen os primeiros artistas  talladores como autores da súa obra e non como reprodutores da obra de debuxantes que encargaban os seus ferros a artesáns da madeira. É neste momento cando a talla de madeira e as xilográficas convértense nunha arte demandada e cotizada por editores que buscaban a excelencia nas estampas dos seus marabillosos volumes.






Xilografía a dobre páxina da Crónica de Nüremberg

Un destes marabillosos libros é o  incunable “a crónica de  Nüremberg de  Schedel”. Este marabilloso libro narra a historia da humanidade desde a creación ata 1492.
Foi publicado en 1493 por  Hartmann Schedel, físico e humanista alemán de Núremberg. Tivo dúas versións: unha latina e outra alemá; calcúlase que se fixeron entre 1400 e 1500 copias en latín e entre 700 e 1000 en alemán.
1809  xilografías talladas en matrices de madeira por Michael Wolgemut e Wilhelm Pleydenwurff.


A historia está dividida en sete partes:
Primeira idade: desde a Creación ata o Diluvio universal.
Segunda idade: de  Noé ata o nacemento de Abraham.
Terceira idade: de Abraham ao reinado do Rey David.
Cuarta idade: de David ata o desterro a  Babilonia.
Quinta idade: de  Babilonia ao nacemento de Cristo.
Sexta idade: do nacemento de Cristo ata a época actual (ano 1490).
Sétima idade: vista do fin do mundo e do Xuízo Final.
Este marabilloso libro pódese ver na Academia De San Fernando en Madrid.


Unha dos factores polos cales os artistas se envorcaron nesta técnica ten que ver coa reprodución de imaxes que permitían unha maior difusión da obra e por tanto maiores ingresos.
É así como artistas como Alberto  Durero (1471-1528),  Aldegrever,  Pencz, Altrforfer, Solís, os  Hopper, os irmáns  Beham e  Jost  Amman, elevaron a xilografía á categoría de arte.
Alemaña converterase así no centro dos gravadores en madeira que, virtuosos nas súas tallas, os chamados “Formenscheider” (Talladores de madeira), fornecerán de imaxes a todos os editores de Europa.

Crónicas de Nürnberg
Enlace o catálogo e texto completo







Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!