
Neste obradoiro coñeceu Carlos a figuras importantes do mundo da gaita, entre eles a Nazario Gonzalez "Moxenas", ou Ricardo Portela. Este último é o protagonista deste novo traballo que leva por título "De gaiteiro a gaiteiro", no que debulla polo miúdo a peculiar e moi persoal ornamentación do mestre Portela.
É importante destacar que este traballo foi un encargo personal a Carlos Núñez do propio Ricardo Portela pouco antes de falecer, e transcorreron case trinta anos de arduo traballo de estudo e transcrición.
Quixo o propio Carlos que o noso obradoiro, onde coñeceu a Portela, fose o escenario para gravar o vídeo de presentación deste fermoso libro.
Grazas Carlos, pola visita e por suposto polo traballo, e grazas a Ricardo Portela por ese inmenso legado á nosa música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!