Poeta e pintor cuxas obras, realizadas sobre madeira e cartón, crean unha linguaxe propia a partir da experimentación con vernices e outras materias.
O seu estilo evolucionou dende un inicial expresionismo cara ao informalismo e á abstracción cunha deriva minimalista.
No seu traballo acolle o diálogo entre alma, memoria, sensualidade, espiritualidade, onirismo e poesía.
1. Romances de cego:
A presenza da espiritualidade na súa obra é indiscutible.
Os seus artefactos épicos, feitos cos materiais humildes coma o cartón ou a madeira, nos transportan ás experiencias místicas de San Francisco de Asís (coas súas primeiras visións na súa Umbría natal) ou ás dun anacoreta que consegue a elevación da súa alma, observando en silencio a infinitude da paisaxe e escoitando o son xordo do seu espírito.
Mística significa pechar os ollos e é un instrumento para a sublimación da substancia.
Así como ocorreu coa materia de Cristo: que a súa carne e o seu sangue convertéronse en pan e viño, o teu traballo feito de cartón e verniz tense transmutado en baleiro e silencio. Como se se tratase dunha oclusión no teu ollar, a obra despoxouse, espiuse, para comezar un camiño polas terras do sublime, sen necesidade de traspasar o limiar do intelecto, senón do espírito.

“Os murmurios da pregaria franciscana, esa humilde oración pola natureza que transcende os nosos soberbios aires de grandeza”.
Francisco Calvo Serraller.
Francisco Calvo Serraller.
OS FRANCISCANOS ENSINÁRONME A MEDITAR, A CONTEMPLAR, A REZAR.
O CREADOR TEN QUE ANCHEAR A REALIDADE. A REALIDADE QUE ME MOVE A MIN É A INTERIOR: ESA MONTIÑA AIREXADA NA QUE CAMIÑA O SANGUE SEN CÁRCEERE DO HOME.
Antón Lamazares
O CREADOR TEN QUE ANCHEAR A REALIDADE. A REALIDADE QUE ME MOVE A MIN É A INTERIOR: ESA MONTIÑA AIREXADA NA QUE CAMIÑA O SANGUE SEN CÁRCEERE DO HOME.
Antón Lamazares
2. Poesía: Hai tempo, en París, comentáchesme que coñecer a Carlos Oroza e poder recibir por transmisión oral os seus coñecementos sobre a poesía, supuxo para ti un efecto “electroconvulsivo”. O traballo do noso poeta era interpretado e foi creado para ser escoitado, non lido, xa que se declaraba a favor da oralidade, considerando aos libros “cemiterios de signos”.
Esta estimulación que recibiches de Carlos converteuse, co tempo, nunha columna vertebral do teu proceso reflexivo e pictórico. Poderíase dicir que, pintando, pensas como poeta e escribes por vía ocular, que non retiniana.
SÍ: É CERTO QUE PARA MIN PINTURA E POESÍA SON A VERDURA E A FLOR DA PRIMAVERA.
Antón Lamazares
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!