A orixe da actual Biblioteca Pública García Barbón está estreitamente vinculada cos obxectivos perseguidos coa creación da Escola de Artes e Oficios por unha sociedade de artesáns chamada “A Cooperativa” en 1886. Esta sociedade recolle unha vella reivindicación das sociedades obreiras e agrarias que crearon na cidade a sensibilidade necesaria para o establecemento dun centro “... que se ocupase de formar ao artesán nas artes e os oficios, completar a súa formación a miúdo deficiente e perfeccionarlos na técnica das súas respectivas profesións”.
Desde 1892 temos noticia da existencia dunha pequena biblioteca na primeira sede da Escola, na antiga rúa do Circo (actual Eduardo Iglesias) que contaba con poucos volumes e estaba destinada ao uso exclusivo de alumnos e profesores.

Cando José García Barbón doa o novo edificio decide instalar no mesmo unha biblioteca non só para os usuarios da Escola senón tamén para o público de Vigo en xeral. A Biblioteca inaugúrase solemnemente o 19 de marzo de 1901, a dirección da Escola propón ao Concello o nome de “Biblioteca García Barbón”, que conserva ata a actualidade.
A colección inicial estaba formada por 2000 volumes que incluían os libros que xa tiña a Escola máis os adquiridos polo propio García Barbón coa intención de crear a base dunha verdadeira biblioteca de cultura xeral. Esta colección alcanza pronto os 5000 volumes grazas aos donativos dalgunhas institucións e tamén de particulares.
A extraordinaria relevancia desta biblioteca radicaba no feito de non ser só a biblioteca dun centro de ensino senón que ata 1943 que se inaugura a Biblioteca Municipal foi a única biblioteca pública que tivo a cidade de Vigo.
En 1926 a biblioteca contaba con 11.500 exemplares e 5.855 lectores. Acudían a ela os alumnos de Artes e Oficios, da Escola Industrial, a Escola de Comercio, así como o público en xeral.
Coa Guerra Civil e o establecemento da Ditadura comeza unha etapa escura na que se aplica a depuración, a censura e as listaxes de libros prohibidos.
Os anos 40 son uns anos de dificultades das que non escapa nin a Escola nin a Biblioteca; é habitual atopar nas memorias anuais referencias a proxectos de futuro para mellorar o servizo que a Biblioteca ofrece aos seus usuarios.

O 3 de novembro de 1950 apróbase a creación da Hemeroteca Municipal “Fernando Conde Domínguez” , realidade que non foi efectiva ata 1961 en que pode ampliarse por fin o espazo dedicado a biblioteca.
No ano 1961 a Biblioteca é reinagurada, o que en realidade é un traslado aos novos espazos que actualmente ocupa.
A biblioteca na actualidade...
No ano 2007 comeza unha nova etapa para a nosa biblioteca, o reto é importante. A biblioteca de comezos do século XXI xa pouco ten que ver coa biblioteca de finais do século XX. O uso da internet e as redes sociais abren a biblioteca a un público máis amplo e variado, faise necesaria a adaptación dos servizos, funcións e actividades aos novos tempos.
A actual Biblioteca alberga tres tipos de FONDOS:

O fondo histórico:
as publicacións máis antigas remóntanse ao século XVI. Neste fondo
inclúense ademais dos fondos cos que se dotou á Escola nos seus
primeiros anos de vida, outras coleccións de diferente procedencia:
- Biblioteca Pública García Barbón,
- Hemeroteca Fernando Conde Domínguez,
- Biblioteca do Casino de Vigo
- E outras doazóns persoais e institucionais.
Este fondo pode verse incrementado nun futuro pola incorporación de
novos legados, o que dependerá da súa adecuación ao espírito e ás
características desta Biblioteca.
Na actualidade conta con máis de 5.700 rexistros bibliográficos e 430
títulos de revistas (estes son datos aproximados pois aínda hai bastante
material bibliográfico por catalogar).
O fondo moderno
é a colección formada polas obras adquiridas nos últimos anos. Formado
por todo tipo de publicacións (monografías,
publicacións periódicas, obras de referencia, documentos audiovisuais,
etc.), seleccionadas pola súa especialización en artes plásticas, artes
aplicadas e oficios artísticos e tradicionais.
Conta con máis de 2.940 rexistros bibliográficos e 58 títulos de
revistas. A este fondo uniuse recentemente o fondo bibliográfico do
Centro de Artesanía Tradicional (CAT) composto por monografías,
publicacións seriadas e folletos que poden sumar máis de 300 rexistros.
O fondo artístico e histórico non bibliográfico: formado por cadros,
pezas escultóricas, mobiliario, maquinaria, instrumentos, etc.
Testemuñas dos 133 anos de historia transcorridos.
A nosa colección pode consultarse a través do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Tamén se pode acceder directamente
desde o noso blog aos catálogos do fondo histórico, fondo moderno e
fondo histórico de publicacións seriadas.
Servizos bibliotecarios...
Os servizos que a nosa biblioteca ofrece aos seus usuarios inclúen: o
Servizo de Lectura en sala, o Préstamo a domicilio, Información bibliográfica e referencia, Formación de
usuarios, Extensión cultural, o Servizo da internet, e o
Servizo Desideratas ou Suxestións Bibliográficas.
Desde o ano 2010 a Biblioteca ofrece os seus servizos ao público de
forma continuada, permanece aberta 35 horas semanais en horario de mañá e
tarde.
Inicia a súa presenza na internet a través do Blog BIBLIOTECA DA EMAO, das redes sociais (facebook e twitter) e a súa canle de Youtube.
Desde o ano 2015 a biblioteca conta cun novo Regulamento que define as
condicións dos servizos prestados e dos seus espazos físicos.
Desde a biblioteca desexámosvos feliz verán e lembrámosvos que o 1 de setembro estamos de volta. Esperamos a vosa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!