Hoxe en día a maquinaria industrial realiza a maioría do tecido encaixe do mundo, a man humana non puido conseguir a velocidade coa que traballa unha máquina encaixeira. É complicado chegar a esas velocidades de piloto de carreiras. Pero se algo a máquina non soubo facer é conseguir a finura e o artístico da man, xa que a maioría dos encaixes que podemos atopar a un prezo alcanzable o seu fío é plástico (polyester), é unha filatura sintetica que resiste a velocidade da máquina. Fronte a iso a man humana segue producindo tecidos excelentes e únicos con fibras naturais que desde o antigo Exipto se mantiveron no tempo, como o liño e a seda, entre outras.
mércores, 1 de xullo de 2020
Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 37. BENVIDOS A MÁQUINA (parte 2) [ENCAIXE DE PALILLOS]
Continuamos cun tema moi interesante como é o encaixe mecánico ou dixital.
Hoxe en día a maquinaria industrial realiza a maioría do tecido encaixe do mundo, a man humana non puido conseguir a velocidade coa que traballa unha máquina encaixeira. É complicado chegar a esas velocidades de piloto de carreiras. Pero se algo a máquina non soubo facer é conseguir a finura e o artístico da man, xa que a maioría dos encaixes que podemos atopar a un prezo alcanzable o seu fío é plástico (polyester), é unha filatura sintetica que resiste a velocidade da máquina. Fronte a iso a man humana segue producindo tecidos excelentes e únicos con fibras naturais que desde o antigo Exipto se mantiveron no tempo, como o liño e a seda, entre outras.
A máquina deu no seu momento á burguesía certo status na alta sociedade xa que as mulleres do s. XIX, podían ir ás carreiras de cabalos con elegantes encaixes e non excesivamente caros e dese xeito facer que os seus maridos industriais se puidesen relacionar con outros empresarios da época. O encaixe mecánico salvou moitas vidas en tempos de posguerra e iso fixo máis ricos aos países que apostaron por este tipo de mercado. Entre estes países están Inglaterra e Francia como promotores, de industria no caso de Inglaterra e de moda no caso de Francia.
De feito, podemos na nosa escola ver como as publicacións rendían homenaxe a este tipo de alianza entre industria e moda, unha delas é "a moda ilustrada", que describe como a muller pudente pódese permitir vestir coa última tecnoloxía da época (s. XIX). Hoxe en día no século XXI o encaixe mecánico segue sendo unha industria moi potente pero dentro do mundo da moda pasou de ser visible a ser interior e con materiais tecnolóxicos que se adaptan á pel como parte dela. Hoxe en día segue sendo un elemento que na súa maioría vai dirixido ao público feminino, a roupa interior; pero dentro da moda masculina cada día hai máis adeptos tanto de forma externa como interior (como no século XVII). A industria e a máquina tamén axuda ao artista téxtil a realizar o seu traballo que por medio do computador pode boquexar, deseñar e ter unha previa do que fará coas súas mans, e esta simbiose entre a man humana e a máquina é a que temos que ver como positiva e parte do proceso artístico.
Hoxe en día a maquinaria industrial realiza a maioría do tecido encaixe do mundo, a man humana non puido conseguir a velocidade coa que traballa unha máquina encaixeira. É complicado chegar a esas velocidades de piloto de carreiras. Pero se algo a máquina non soubo facer é conseguir a finura e o artístico da man, xa que a maioría dos encaixes que podemos atopar a un prezo alcanzable o seu fío é plástico (polyester), é unha filatura sintetica que resiste a velocidade da máquina. Fronte a iso a man humana segue producindo tecidos excelentes e únicos con fibras naturais que desde o antigo Exipto se mantiveron no tempo, como o liño e a seda, entre outras.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!