Comezamos hoxe cun repaso ás ferramentas que empregamos para decorar o Coiro cunha técnica sen dúbida senlleira da nosa Escola, o Repuxado.
|
Plastilina |
O material sobre o que imos traballar é a plastilina, pódese empregar calquera, nós a que estamos a empregar na Escola é esta; as de cores tamén se poden empregar pero nalgunha ocasión tivemos alguna problema con manchas na flor do Coiro, así que dende aquela empregamos preferiblemente de cor branca. Existen outras, como por exemplo ás da marca Play-Doh, que son biodegradables con máis facilidade; nós desaconsellámolas xa que coa auga de mollar o coiro poden apodrecer.
Como substituto deste material pódese empregar tamén pasta de modelar, pero non se podería reutilizar. Puntualmente e para algunhas pezas determinadas na Escola tamén empregamos poliespán ou cartón pluma.
As ferramentas especificas chámanse burís e existen varios tipos que a continuación vos explicamos.
|
Buríl Perfilador. |
Buril Perfilador ou abridor, é o que se emprega para marcar as liñas e profundizalas para definir as zonas do debuxo. Cando temos rematado o debuxo sérvenos para definir ben as liñas.
|
Buril Punzón ou Trazador. |
|
Buríl de culler ou pa |
Buril Punzón ou trazador. Pódese empregar para marcar, para marcar texturas ou para picar.
Burís de Culler ou Pa. Emprégase para facer presión sobre o coiro e así xerar o volume oco do repuxado. Tamén se empregan para modelar e dar formas e efectos á parte repuxada do Coiro.
|
Burís de Bóla |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!