ARTISTAS: Chelo Matesanz / Emilia Guimeráns / Miguel Vázquez / Peri Helio / Pilas de Borbón / Shoji / Teresa Irisarri / Toño Pérez / Tubi Portas / Ventura Pérez.
Tras a obrigada paréntese destes meses de confinamento, volve a actividade a SVT Espazo de Arte. Será o vindeiro xoves, 9 de xullo ás 19:00 h, coa exposición colectiva TINGLÃO / AHLIPÚS.
Da man da ceramista Emilia Guimeráns, o obradoiro cerámico vigués TINGLÃO
foise conformando
un núcleo de actividade artística e experimentación plástica, no que,
desde hai varios anos, numerosos artistas e creadores atoparon os medios
materiais, e souberon forxar as ferramentas conceptuais, para
desenvolver uns traballos que rompen moldes e abren novos camiños ás
prácticas artísticas. Un espazo no que se desafían categorías preconcibidas: arte e artesanía, expresión e utilidade, deseño e creación, forma e función.
O resultado visible nesta exposición é un conxunto de pezas cerámicas,
todas únicas e cada unha excepcional, que escapan a calquera intento de
clasificación.
No que se refire á nosa escola, destacaría a participación nesta
exposición de Miguel Vázquez, mestre da especialidade de cerámica
artística e de dous antigos alumnos como Toño Pérez e Shoji. O que unha vez máis vén sinalar o nivel dos ensinos impartidos neste obradoiro.
TINGLÃO: enerxía colectiva e laboratorio creativo, taller, estudo e
obradoiro; lugar de paso e punto de encontro.
AHLIPÚS: Palabra de orixe prehispánico, que en México significa
grolo longo dalgunha bebida alcohólica, ou brinde co que se pecha un
acordo ("Que vale unha firma á beira dun alipús? E. Poniatowska). Úsase aquí como saudación e esconxuro para que o lume do forno se mostre benévolo coas pezas que se lle ofrendan.
PROTOCOLOS DE ACCESO
Por razóns de seguridade será obrigatorio o
uso de máscara para visitar o espazo expositivo.
Acceso regulado conforme ás normas sanitarias; debido a isto a
hora de apertura adiantarase ás 19:00 h, e prolongarase ata as 21:15 h,
para posibilitar que se poida acceder de forma graduada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!