martes, 7 de xullo de 2020

Ferramentas para traballar o Coiro I [COIRO]

Como xa falamos nos nosos encontros virtuais para evitar os problemas que tivemos neste curso co confinamento e a falta de material e ferramentas, fai falla que os nosos alumnos vaian preparando un pequeno kit de ferramentas para poder traballar na casa e así que non pare o ritmo de traballo durante o curso.
Imos comezar a partir de hoxe unha serie de entradas neste blog coas que pretendemos amosar as diferentes ferramentas para traballar as diferentes técnicas que estamos a aprender no curso.

Hoxe, e para abrir boca imos publicar unha lista de provedores que sen dúbida xa coñecedes, pero agora actualizada e ampliada ó comercio online. Dende aquí queremos recomendar que dada a situación económica e sanitaria pensemos no comercio máis próximo como alternativa a ter en conta xa que nos necesitan.
Antes de mercar algo aconsellámosvos que comparedes ben o prezo en diferentes tendas, e se mercades online comprobade que o que merquedes se corresponda co que aparece na web.

Comercio de Proximidade. Aconsellamos que antes de acudir chamedes por teléfono para que vos indiquen as medidas que están aplicando a modo de prevención.

-El Revendible.- Coiro, Ferramentas, Fornituras e Químicos.
Rúa do Ecuador, 47- Vigo
Teléfono: 986431361
-Vigora.Coiro, Ferramentas, Fornituras e Químicos.
Rúa Aragón, 199 Baixo- Vigo.
Teléfono: 986196338
-En Coiros.Coiro e Ferramentas.
Rúa de Aragón, 200, Vigo.
Teléfono: 886129508
-Arte y Cerámica. Ferramentas e Químicos.
Rúa do Uruguai, 10,  Vigo.
Teléfono:986113937
-Curtidos Efrén.Coiro.
Av. Pablo Iglesias, 18, Nigrán.
Teléfono: 986383019
Corzo Piel.Coiro.
Polígono Industrial A Granxa, Rúa C Parcela, 124,  O Porriño.
Teléfono: 986346306
D´Coiro.Coiro, Ferramentas, Fornituras e Químicos.
Rúa Ramón González, 32, local 6,  O Porriño.
Teléfono: 986335899.
Curtidos Queiro.Coiro, Ferramentas, Fornituras e Químicos.
Rúa Sarmiento, 39, Pontevedra.
Teléfono: 986851365
Don Coiro.Coiro, Ferramentas, Fornituras e Químicos.
Rúa da Cruz Vermella, 18,  Pontevedra.
Teléfono:986073075


Comercio Online.

Tandy Leather España Jerez de la Frontera.
Curtidos Cabezas Ubrique.
David Moran Mollina, Malaga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!