martes, 9 de novembro de 2021

Peri Helio [SERIGRAFÍA]


Caderno de bitácora:  é inverno nas proximidades do sol. Martes 2 de Novembro de 2021. Unha panda de serígrafos gravitou ao redor de Peri Helio. Foron debidamente equipados para climatoloxía adversa e cun axuste de movemento de traslación exacto cumprindo a hora estimada de aterraxe ás 17:30 horas na Fundación Cuña Casasbellas. O suxeito a investigar é tripulante da nave do curso Superior Emao, o cal facilita enoOOrmemente a misión. Datos a ter en conta (texto da súa web): 

Peri Helio (Vigo, 1983) é licenciado en matemáticas na especialidade de astronomía. De formación autodidacta, a súa traxectoria pictórica nace estreitamente ligada á arte urbana e ao espazo público. A pesar da súa formación científica Peri sempre estivo moi vinculado á arte. No ano 2001 ingresa na Facultade de Matemáticas, aínda que máis aló dos teoremas e demostracións que estuda interésase polos conceptos matemáticos que se esconden detrás deses resultados, e centra o seu interese na Xeometría, a Topoloxía e a Astronomía, sen abandonar o Debuxo e os aerosois.
 
 En torno ao 2005 a obra de Peri Helo comeza a adquirir unha linguaxe propia que definirá o seu estilo actual, creando un universo particular de carácter onírico, con claras evocacións e influencias do surrealismo e o simbolismo, o cal impregnará cada unha das súas obras repletas de asociacións simbólicas, nas que tanto a xeometría como a astronomía están profundamente arraigadas. Tras a súa estancia en Tenerife entre 2007 e 2008, tende a traballar en murais de formato cada vez maior á vez que participa en diversos festivais de arte urbana como o Desordes Creativas. Paralelamente á súa obra mural Peri afai traballar sobre papel, e a pesar de facelo en formatos moito máis reducidos, o nivel de detalle das súas obras e o contido conceptual das mesmas non só mantense ao mesmo nivel, senón que dá lugar a composicións de gran complexidade. 
Crítico coa sociedade actual, filósofo visual da condición humana, cunha clara conciencia ecolóxica e, sen dúbida, observador da natureza e os seus cambios. Todos eles son aspectos da súa personalidade que se evidencian no proceso creativo deste artista vigués. 
 
Ao longo da súa carreira, Peri realizou numerosos murais en diversas cidades e países: Barcelona, Tenerife, Berlín, Vigo, O Porto, Santiago de Compostela, Roma, Lyon, Vicenza… son algunhas das cidades en que se poden atopar obras súas. Ademais, realizou exposicións, tanto individuais como colectivas, en diferentes espazos e países como o Museo de Pontevedra (Pontevedra), o Museo de Arte Contemporánea de Puerto del Rosario (Tenerife), Galería Superposition (Lyon), Galería Turbillón (Avilés), BECUH (O Porto), Mambo Gallery (Vigo), La Frontera (Roma)… e o seu traballo foi publicado en diversas revistas e libros tales como “Os nomes esenciais do Grafiti e a arte Urbano español”, da Editorial Lunwerg, ou o primeiro volume de “ Street Art & Grafiti. Vol.1”, de Fronteira Do Caos Editores.


Agujero Negro

Agujero Negro ( detalle)





Peri traballando no obradoiro de serigrafía da Emao. Dende o soto da escola dámoslle as grazas pola viaxe da expo.


 http://periantio.blogspot.com/

Artículo en el Atlántico

 https://www.artsper.com/es/artistas-contemporaneos/espana/79545/peri-helio

 https://www.moaningallery

Reportaxe Faro de Vigo 

Reportaxe Pontevedraviva.com

Desvelarte. Festival Arte Público Santander 

Murales en Vigo | El "Génesis" de Peri ilustra el Colegio Illas Cíes 

Concierto en Vigo de Trilitrate & Loiros & Peri Helio 

Arteinformando

Visitfiumicino.com

Xornaldevigo. Metamitoloxías



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!