Viviana e Alejandro son dous apaixonados do oficio serigráfico e así o amosan día a día cos seus traballos no obradoiro El Taller Impresiones Serigráficas.
Cabe destacar a súa enorme xenerosidade ao compartir con nós o seu saber facer na conferencia do pasado venres amosando procesos e traballos que demostran a experiencia de máis de 20 anos de
profesión.
No seu taller fan un servizo personalizado que permite imprimir
produción sen mínimos axustándose ás necesidades do cliente e asesorando
dende o deseño, a preimpresión a parte técnica (tintas, acabados,
etc). As súas impresións destacan por ser manuais, baseadas na
serigrafía
tradicional e artesá.
Neste blog publicamos un post sobre este taller, podedes consultalo premendo aquí.
A súa web: https://serigrafiaeltaller.com/que-hacemos
Saúdos e moita tinta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!