Entidade convocante: Bodegas Terras Gauda, S.A., coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).
Prazo de admisión de orixinais: ata o 28 de febreiro de 2022.
Participantes: Poderán concorrer ao premio tanto toda persoa física ou xurídica maior de idade.
Descrición: Poden presentarse ata dúas obras inéditas realizadas en calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. O tema será libre e preferentemente aludirá aspectos corporativos da entidade convocante.
Condicións: As
obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de
Bodegas Terras Gauda, S.A. que, asimesmo, resérvase o dereito de
reprodución das obras finalistas, citando ao autor e ano de finalista.
Todos os cartaces presentados pasarán a formar parte do
arquivo dixital da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda,
Concurso Francisco Mantecón cuxa organización poderá reproducir ou
autorizar a súa reprodución, exclusivamente, a efectos de traballos ou
eventos relacionados coa bienal e o concurso.
A bodega poderá adquirir os dereitos dunha obra non premiada sen límite de tiempo, abonando ao seu autor o 50% do importe do 2º accésit do ano inmediatamente anterior á adquisición.
Dotación: primeiro premio de 10.000 €, 1º accésit Autoridade Porturaria de Vigo 2.000 €, 2º accésit 2.000 € e mención especial 2.000 €.
Bases completas aquí: Bases - Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón - Bodegas Terras Gauda 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!