Onte fomos a ver a exposición de Peri-Helio (merece un post a parte) e visitamos
O Sanatorio da man do seu creador, Juan García, que amablemente fixo unha videochamada con nós para contarnos cómo xurdiu este proxecto e tamén grazas a Carmen que guiounos polo laberíntico espazo de arquitecturas efémeras e suxerentes atmósferas.
En 1902, Celestino Poza abriu un sanatorio na rúa Andrés Muruais de
Pontevedra que dotou coas máis modernas tecnoloxías da época. «Este
espazo levaba moito tempo que permanecía pechado. Unha construtora
comprou o edificio, seguro que con afán de construír pisos, pero o inmoble sobreviviu a aqueles anos do bum tolo
da construción, onde se tiraba todo e construíase encima».
Quen
fala é Juan García, impulsor da rehabilitación deste edificio coa
intención de que albergue o proxecto que bautizou como O Sanatorio e
que espera que sexa unha realidade nuns trinta días. A iniciativa
comezou a frutificar en xuño de ano pasado, cando en plena pandemia,
decidiu alugar o inmoble: «Tiña unha historia moi atractiva e a través
dela podía construír un proxecto que tiña pensado facer cando tivese 65
anos, cando me xubilase»
|
|
Juan García, neste punto, fai unha analoxía co que en medicina coñécese como cardioversión, isto é, cando o ritmo cardíaco funciona de maneira anómala e hai que volvelo ao estado normal. «O Sanatorio é un soño provocado a través dunha cardioversión que xerou en min unha microutopía coa intención de sandar», pero no máis amplo sentido da palabra. E é que do que se trata, en gran medida, é de sandar á comunidade, xa sexa a través da arte, a alimentación, o lecer, o deporte ou, mesmo, o traballo
De feito, inicialmente, O Sanatorio centrarase neste último aspecto partindo da base de que, como consecuencia do coronavirus, «unha parte da sociedade viuse obrigada a teletraballar. Chegou ás nosas vidas dunha maneira imposta, case por obrigación, e así non se fan as cousas». Deste xeito, adecuouse parte do interior para que se poida teletraballar poñendo énfase na maneira na que se ten que realizar, de tal modo que «as persoas constrúan xuntas» a modo de coworking. Co teletraballo como excusa, impulsaranse, posteriormente, iniciativas vinculadas coa música, outras ramas artísticas, a comida... En definitiva, «xuntar nun espazo onde se poida teletraballar con contidos sociais para edificar unha nova forma de vivir».
Neste punto, Juan García emprega dous termos esenciais para entender o proxecto. Efervescente, por unha banda, de tal modo que «diferentes burbullas compoñan un núcleo», e creatividade, por outro. «É un espazo aberto ás persoas que poida servir de plataforma para deseñar e producir creatividade. A creatividade é un elemento fundamental no desenvolvemento humano».
En paralelo, púxose en marcha unha campaña de crowfunding que pretende o micromecenazgo baixo a premisa de que «a unión das persoas é a que xera novos marcos sociais. Búscase unir ás persoas, xerar comunidades e que as persoas poidan participar, se o ven oportuno, deste proceso construtivo», engade respecto diso.
Artículo de Alfredo López Penide para La Voz de Galicia.10 mar 2021
...
... Espazo interdisciplinar creativo ...
... Espazo de efervescencia local ...
... Lugar de intervención cultural ...
... Aula aberta ...
...
Entrevista Onda Cero
Instagram O Sanatorio
Enlace reportaxe a Historia tras O Sanatorio. La Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!