A área de didáctica do MARCO afronta este trimestre consolidando e renovando a súa oferta de actividades, entre as que destaca unha nova proposta de obradoiros para adultos. A actividade proposta enlaza co que estamos a facer de gravado na aula. Fixemos punta seca sobre tetrabrik, estupenda técnica de grabado non tóxico que aproveita o material de refugallo.
Tamén visitamos a exposición Música das formas da man de María Xosé Martínez e Xosé Carrera.
No MARCO, a proposta articúlase en dous espazos que trazan un percorrido por obras clave na traxectoria de Glenda León –instalacións, series de debuxos, esculturas, fotografías, obra sobre papel, instalacións in situ– dende 2008 ata a actualidade, que combinan diferentes técnicas e soportes. A montaxe e disposición das obras saca partido das peculiaridades das salas do Museo, en diálogo sutil cos espazos, adaptando as pezas ás súas dimensións, trazado e altura, cunha obra producida especificamente para este proxecto –Xardín emocional (2011-2021)– que debuxa unha liña lonxitudinal ao longo do podio central da primeira sala.
En
palabras do comisario da mostra, José Jiménez: “hai un dinamismo que
brota do diálogo coas formas do son, da música, que está xa presente
dende a época en que se produxo a invención cultural da arte, na Grecia
Clásica. E é tamén nese contexto onde se percibe a relación entre os
sons musicais e os movementos dos astros, o que Pitágoras denominou
‘armonía do cosmo’ ou ‘música das esferas’. A música das esferas lévanos
á música deste mundo, no que vivimos: de arriba abaixo, e de abaixo
arriba. Son estas cuestións centrais para situar a traxectoria e o
traballo artístico de Glenda León”.
E Iria, a bibliotecaria, explicounos o funcionamento do club de lectura e os servizos da biblioteca do museo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!