Superior de Serigrafía Artística.
Co motivo da celebración da 4ª edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia realizouse esta exposición realizada con materiais recollidos nas praias como actividade de concienciación medioambiental cunha base didáctica e de denuncia. Así o Festival quere mostrar a súa sensibilidade coa contorna onde se desenvolve e o seu compromiso firme coa sustentibilidade e o respecto polo medio ambiente, en especial a riqueza mariña que desfrutamos na nosa terra.
Arte e ciencia danse a man nesta exposición para afondar na problemática do lixo mariño. Mar de
fábula e retoque Retro, dúas asociacións sen ánimo de lucro que limpan o mar, unidas pola afinidade artística dos seus fundadores, adoitan realizar exposicións conxuntas espallando a mensaxe que trae o mar pola costa galega. Mar de fábula organiza dende a Costa da Morte limpezas de praias, campañas de concienciación, obradoiros e convivencias artísticas. O seu presidente é o artista Xosé Manuel Barros. Retoque Retro é unha asociación da A Coruña formada por Ana Lee ( mestra), Javi Serantes ( escultor) e Isa García (bióloga), unidos pola sensibilidade artística e conciencia medioambiental promoven obradoiros e faladoiros a través do lixo que recollen nas praias.
En Son de Mar ambas entidades contaron coa colaboración de CEIDA, Centro de Extensión Universitaria de Divulgación Medioambiental de Galicia, organismo que promove a educación ambiental en todos os sectores sociais.
Concello de Vigo. Exposición SON DE MAR
Graciñas Raquel por guiarnos pola expo e noraboa polo proxecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!