Este pasado venres tivemos a sorte de ter na nosa hemeroteca a Pilar Vilaboy Freire, bibliotecaria da Casa Galega da Cultura que nos falou dos Tesouros da Biblioteca Penzol, unha xoia pouco coñecida polos cidadáns de Vigo, que posúe unha das maiores e mellores coleccións bibliográficas que existen de folletos, libros, documentos, xornais e revistas, cartas e material manuscrito referente á lingua e á historia galega.
Moitas grazas a Pilar polas súas interesantes explicacións e por colaborar con nos neste proxecto que son os Venres da EMAO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!