mércores, 15 de decembro de 2021

Exit Through the gift shop: DEBUXO

Durante este curso académico o obradoiro de Debuxo vai presentar tres películas documentais cuxo late motiv é a arte urbana. Desde fai varios anos, e sobre todo ca aparición de Banksy como artista acaparador de portadas nos medios, tanto polo seu arte como pola súa enigmática personalidade, a arte urbana xa está presente no que poderíamos denominar "mercado", cando este nacera dun xeito puramente vandálico e subcultural.

Nos anos 90 o que anteriormente coñecíase como "graffiti" comenza a ter outras características para pasar a chamarse Street art. Figuras como Shepard Fairey, dan un xiro técnico, estético e conceptual as obras que utilizan o entorno urbano como soporte,  ca utilización de plantillas e carteis que queren sorprender aos peóns, pero tamén remover conciencias e provocar cambios na sociedade.

Obra de Farey da campaña OBAY

Farey farase famoso co icónico cartel de Obama ca lenda HOPE.

A modo de introducción para coñecer este arte paréceme unha boa película "Exit Through the gift shop"do 2011, xa que nela aparecen tanto Farey, o iniciador, como Banksy, a estrela. Banksy ademáis firma a película " A Banksy film". O documental, como obra de Banksy, procura o mesmo, deixar pegada e cuestionar o que acontece.



SINOPSE

Thierry Guetta é un personaxe moi curioso. Un francés afincado na cidade de Los Ángeles dedicado ao mundo do comercio de ropa de segunda man que ten como afición grabar ca súa cámara de video. Graba toda a súa cotidianidade, ata resulta un pouco molesto telo diante porque sempre está grabando. Nese lugar e nese momento dase unha circunstancia histórico/artística, a arte urbana está en pleno ascenso. Guetta  aproveita para grabar aos artistas urbanos de los Ángeles e outros máis que chegan para deixar pegada nos muros da cidade, como Banksy ou Space Invader.


Obra de Space Invaders


A historia dará un xiro cando o documentalista pasa a ser artista urbano e o artista urbano decide facerse cargo do documental.

O documental cabalga entre a realidade e a ficción, non nos queda claro se toda a historia é unha broma do propio Banksy, casi seguro que si. Ten unha parte de realidade, os artistas son reais, as súas obras tamén, pero Guetta é unha creación máis de  Banksy para falarnos do mercado da arte. Mostra unha visión do irracional que resulta todo o que acontece nese mundo con respecto ao ascenso e caída dos artistas. Das cifras astronómicas que se pagan por unha obra de cuestionable valor artístico. Pero claro, todo cuestionable. O mercado manda…ou non?.


Nos últimos anos temos outros documentais que mostran a figura deste mediático pero descoñecido artista "Banksy does NY", do 2014. "Saving Banksy" do 2017 e outras tantas películas que introdúcense no mundo da arte urbana como "Bomb it" 2007, "Beautiful losers" 2008 ou "Girl Power" 2016. 




Pero as películas que eu teño moi presentes como pioneiras do que se fixo chamar "contracultura urbana" e creo que son imprescindibles para coñecer verdaderamente como naceu toda a arte do hip hop, o brake dance e o grafiti, os cales están moi ligados,  son "Stile Wars" de 1983 e "Wild Style" tamén de 1983. Nos próximos meses teremos novas sobre algunha destas peliculas que nos servirán para adentrarnos un pouco máis neste mundo. Polo pronto comenzamos con este documental dun movemento artístico contracultural que posiblemente sexa o máis potente desde que aparecera o Punk nos anos 70.

A proxección da película "Exit Through the gif shop" terá lugar o venres 17 na Hemeroteca da EMAO ás 19:00 horas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!