venres, 3 de abril de 2020

Thomas Allen [SERIGRAFÍA]

Hoxe Chus mandou ao grupo de traballo do curso Superior esta proposta para facer o exercicio do collage. Trátase das imaxes creadas polo fotógrafo Thomas Allen. Fixádevos na importancia de facer unha boa fotografía para que a imaxe funcione (selección de plano, iluminación...):











Noraboa polos traballos que estades mandando ao mail serigrafiaemao@gmail.com  axiña sairán publicados no blog e faremos un video con eles. Están abertas estas propostas non só para o alumnado senon tamén para todo o que queira participar... ¡animádevos!:

Aquí e aquí propostas para facer o exercicio de collage.
Aquí enlace para facer estampación caseira 1: o estarcido. 

Recordatorio para o grupo de Básico: na clase vimos os contidos de historia, quedaban por facer os traballos teóricos.

Deixo tamén, vía Cultura Inquieta, o vídeo musical " Lead Me To You" de por Tom Rosenthal dirixido pola ilustradora Annlin Chao no que a bailarina Carys Staton desprázase e xira en torno a un espazo valeiro mentras que liñas xeométricas e formas orgánicas interactúan co seu corpo nunha amalgama poética e hipnótica de danza, collage e animación. Espero que o disfrutedes:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!